15 mar. 2013

Festa Zombi Tropikal en apoio ao Tatoo Circus (Coruña)


Mañá sábado 16,no bar "Terra" (rúa Vista 22, na Coruña), festa Zombi Tropikal en apoio ao proxecto de Tatoo Circus de maio no C.S.O.A. Palavea (festival de tatuaxes con beneficios integramente destinados o apoio das persoas presas).

Terá comezo ás 19 h co obradoiro de zombificación (haberá algo de material pero se podedes traede roupa axeitada, maquillaxe ou o que se vos ocorra), logo ceador vegano ás 21:30 h e Festa Rachada onde repartiremos rifas e bebidas espirituosas en beneficio do Tatto-Circus ó ritmo do psychobilly-tropikal.

Colado por C.R. con información chegada ao correo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada