6 mar. 2013

[Compostela] Crónica do Roteiro Reivindicativo da Plataforma Stop-Desafiuzamentos

O roteiro reivindicativo de Stop-desafiuzamentos Compostela remata con a okupación da Oficina Central do Banco Popular-Pastor e unha reunión co director en que exixiron medidas "urxentes" contra os despexos non só para as 4 familias de que teñen constancia, senón para "todas as afectadas".

Copiamos e colamos de SermosGaliza :

A plataforma cidadá Stop-desafiuzamentos Compostela organizou para esta terza feira un roteiro por todas as oficinas que o grupo bancario Popular-Pastor, fusionado en 2011, posúe na cidade.

Co obxectivo de visibilizar os casos das catro familias ameazadas por unha orde de execución hipotecaria impulsada desde esta entidade e após parar nas sucursais da Praza de Vigo, República do Salvador, A Rosa e A Senra, o derradeiro alto no camiño fixérono perante a oficina central, na rúa Fonte de Santo Antonio, onde colocaron á porta do banco unha faixa en que alertaban de que 'Este banco engana, estafa e bota xente da súa casa'.


Unha solución para tod@s, tamén para quen non procura axuda da plataforma

Por volta dun cento de activistas fixeron parte deste roteiro, incluídas as propias familias afectadas. Un nutrido grupo conseguiu entrar na sucursal, onde ficaron até seren recibid@s polo director.

Este transmitiulle a súa "sensibilidade" coas persoas pendentes da execución dun despexo, para alén da necesidade de "negociar caso por caso".

Stop-desafiuzamentos Compostela deixou claro que o que queren "é unha solución global" para todos os casos de despexo impulsados por este grupo bancario pois, como sinalan, "hai moitas máis familias afectadas das que nós coñecemos".

"Fomos varias veces falar co banco e sempre nos din que están a estudar outras posibilidades, mais non dan ningunha resposta definitiva", explica Iago, activista da plataforma cidadá.

Acrecenta que "eles din que nunca levan a cabo as execucións até o final, que a paralizan antes de que se produza o despexo". Con todo, o certo é que o número de familias en risco de que a banca as bote da casa son máis cada día na comarca compostelá e aquelas execucións patrocinadas polo Popular-Pastor tamén aumentan.

Deixar sen casa unha familia de 9 membr@s, 5 del@s menores


Desta volta, diante das sucursais do Popular-Pastor espalladas pola capital galega, reclamaron "unha solución urxente" para os casos dunha familia de nove membr@s, veciñ@s de Cacheiras, no Concello de Teo, d@s cales cinco son menores de idade.

A proposta que a plataforma colocou riba da mesa pasa pola dación en pagamento e un alugueiro social, con opción a compra, xa que se trata dunha vivenda de herdanza familiar, por un importe que non supere o 25% dos ingresos da parella.

Aliás, a solución que piden farase extensíbel a outra familia do barrio de Fontiñas, un pai e dúas fill@s que moran en Padrón e unha parella moza de Sigüeiro que polo de agora mantén os pagos ao día mais que xa se ve na situación de que nun futuro próximo non poderán achegar as cantidades acordadas e queren adiantarse á orde de despexo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada