18 mar. 2013

35 anos de democracia manchada de sangue...

Colamos, depois de traduzido este artículo do Grupo Némesis das "Juventudes Libertarias de Carabanchel" que copiamos da web deste colectivo anarquista:

Na noite do 13 ao 14 de marzo de 1978, no cárcere de Carabanchel descobriase un túnel que levaba ata fóra desta. A resposta dos carcereiros non se fixo esperar: varios membros da Coordinadora de Presos En Luita (COPEL) do cárcere de Carabanchel foron interrogados, isto é, torturados fisicamente en busca dos nomes daqueles presos que estaban detrás de semellante desafío á autoridade carceraria. Estes interrogatorios levaron consigo, faltaría máis, "lesións de diversa consideración" e, no caso do preso anarquista Agustín Rueda, a morte. Sabíase que todos os presos que foron interrogados eran críticos co sistema penitenciario e que se non pertencían á COPEL de Carabanchel, se mantiñan no ámbito.

1978 é un deses anos marcados no calendario mítico do actual réxime político, o ano en que se aprobou a sacrosanta Constitución co respaldo dos principais partidos parlamentarios e ano cúspide da chamada Transición. Tras a morte de Franco, foron múltiples as peticións de amnistía dos denominados presos políticos, é dicir, a anulación daqueles delitos relacionados coa disidencia política, como formar parte de partidos políticos, sindicatos e demais organizacións que se opoñían claramente ao réxime franquista. Coa aprobación da Lei de Amnistía en 1977, o ánimo fundiu nos cárceres e o que xa algúns formulaban, xeneralizouse: a petición da amnistía para os presos sociais, que eran aqueles que, se consideraba, incumpriran a lei polas condicións sociais xeradas polo anterior réxime político. Á cabeza desta reivindicación encontrábase a xa citada COPEL e foron moitos os presos que puxeron a súa ilusión neste proxecto político dende dentro do cárcere, que axudou sen dúbida a mellorar as condicións dentro da prisión pero que non puido dar o golpe definitivo, pola falta de apoio dende fóra, cunha sociedade cada vez máis envorcada co novo réxime e que esquecía unha parte importante dos presos do vello, o que provocou, pouco a pouco, que fundise o derrotismo entre eles.

Hoxe, 35 anos despois do asasinato de Agustín Rueda, así como o de tantas outras persoas presas, e todas as malleiras e torturas (unhas físicas, outras psicolóxicas, como o réxime FIES que se considera o cárcere dentro do propio cárcere), asistimos a unha realidade non moito mellor que entón e non só porque volvamos estar nunha profunda crise económica, se non porque son moitos, e cada vez máis, os detidos por motivacións políticas, desas que, en teoría e segundo os voceiros oficiais do réxime, levan sen existir dende a xa mencionada Lei de Amnistía. Exemplo diso son todos os detidos nos últimos paros de 24 horas, como o mozo vallekano Alfon, que entrou non só en prisión preventiva, senón tamén en réxime FIES na devandita situación.

Pero nós, como os presos da COPEL, cremos que non só existe un problema en torno aos presos políticos, senón tamén en torno aos presos sociais, posto que creemos que os motivos últimos, que a raíz dos delitos que se cometen, se acha no propio sistema burgués e autoritario. É, por exemplo, o caso dos roubos, froito dun sistema económico baseado na propiedade dos medios de produción e distribución da riqueza por parte duns poucos, mentres que a inmensa maioría nos vemos obrigados a traballar, a vender a nosa forza de traballo a eses poucos, a cambio dun salario que nos permita subsistir e os que non encaixan nisto vense obrigados a roubar. Un sistema económico baseado tamén na mercadoría e o espectáculo, no consumo; un sistema no que "tanto tes, tanto vales", o que leva a outra moita xente a roubar produtos innecesarios, para cubrir unhas expectativas frustrantes ás que nos empurran a través dos medios de comunicación ou a escola. Unha sociedade baseada na competencia e que leva a moita xente a pisar os seus semellantes, normalizando a crueldade nas nosas vidas. Unha sociedade que, en moitos casos, leva ao desespero e a loucura, que fomenta o dano psíquico, as chamadas enfermidades mentais e o que poden chegar a xerar.

Por iso, cando pedimos a Amnistía Total, cando pedimos rematar co cárcere que é a propia sociedade Estatal-capitalista no seu conxunto, que nos mantén presos das súas decisións e nos quita a nosa capacidade de decisión e acción sobre as nosas propias vidas, non podemos evitar recordar estas palabras (1):

"Para conseguir a amnistía non hai que sacar só aos presos á rúa, temos que amnistiarnos nós. E o único xeito para conseguir a amnistía para nós mesmos, é acabar coa sociedade, é machucar o Estado e é acabar co poder e a autoridade".Fernando Piernavieja.

POLA MEMORIA DE TODOS OS PRESOS TORTURADOS E ASASINADOS!

POLA AMINISTÍA TOTAL!

POLA REVOLUCIÓN SOCIAL!

MORTE AO ESTADO E VIVA A ANARQUÍA!


Grupo Némesis - Juventudes Libertarias de Carabanchel



Na pasada noite do 13 ao 14 de marzo, 35 anos despois, no mesmo sitio, foi colgada unha pancarta en homenaxe a Agustín Rueda e todas as persoas torturadas e asasinadas nos cárceres democráticos.

(1) Tal como nos rectificaron no 1º comentario este escrito non é de Fernando Piernavieja (como nun princípio dixemos) senon que este é o autor da última frase do texto (que vai en cursiva).

Mais información sobre o asasinato de Agustín Rueda en El Otro Pais

2 comentarios:

  1. Buenas! Simplemente matizar que Fernando Piernavieja fue quien pronunció las palabras "Para conseguir a amnistía non hai que sacar só aos presos á rúa, temos que amnistiarnos nós. E o único xeito para conseguir a amnistía para nós mesmos, é acabar coa sociedade, é machucar o Estado e é acabar co poder e a autoridade.", durante el mitin de Montjuic de la CNT-AIT de 1977, podéis encontrar su intervención en este enlace, entre el 2.15 y el 4.00:

    https://www.youtube.com/watch?v=38TboPNsRcc

    Por lo demás, el texto es del Grupo Némesis de la FIJL de Carabanchel. Espero haber aclarado la confusión (y espero no haber malentendido el gallego, que mis conocimiento son escasos).

    Salud y gracias por la difusión del texto!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Obrigadxs pola informaçom, subsanamos o erro e modificamos a autoria ("a cada quem o seu")

      Eliminar