4 feb 2013

O C.S.O Liceo de Marín fechado por orde administrativa do BNG de Pontevedra

Non temos mais noticia deste suceso que a información achegada à nosa caixa de correos por un fidel siareiro deste blogue, no que da conta do publicado nun dos falsimedios galegos e que viría a contar que o xoves pasado 31 de xaneiro e de mañán axentes municipais de Pontevedra procederan ao desaloxo do CSO O Liceo de Estribela (ubicado no mesmiño limite dos concellos de Marín e Pontevedra) e que este fora pacífico e "aparentemente" sen resistencia da unica persoa que se atopaba no seu interior, procedendo a tapiar os seus accesos con planchas metálicas.

Ademais a noticia aponta que as fontes consultadas deixaran claro que esta situación non é consecuencia de nengún proceso xudicial, senón que está, máis ben, relacionado con trámites administrativos do Concello de Pontevedra (gobernado polo BNG) e fan mención a propostas de sancións administrativas por ruídos e por dispensar bebidas sen permiso.

Atras fican os traballos de limpeza, restauración e recuperación dun edificio histórico que estava en situación ruinosa e perigosa por deixadez administrativa do Excmo. Sr Lores e o seu séquito nazionalista, lá foron as numerosas actividades sociais e culturais que contaran con boa participación da cidadania de Marín e Pontevedra: talleres de teatro, expresión corporal, malabares, recitais poéticos, palestras, cinema, concertos solidarios...

NdeA:- Non confundir o CSO Liceo de Estribela con o "Liceo Mutante" de Pontevedra ubciada na r/Rosalía de Castro nº 100 desta cidade e que se autodenomina Asociación Cultural que pretende ofrecer unha alternativa ás propostas privadas mediante a creación dun espazo autoxestionado onde levar a cabo as actividades promocionadas polos nosos asociados.

Se ben ambos coinciden no de "Liceo" tambén coinciden en que ambos están a ser repremidos pola policia de Lores con a mesma excusa de ruídos (ver Polémica polo peche dun local cultural en Pontevedra ou El Liceo Mutante en serio riesgo de desaparición e mesmo hai unha petición online contra o feche deste Liceo Mutante, onde entroutras coisas denuncian que "É inaceptable que o BNG (partido que goberna Pontevedra) entre a formar parte de política PePera de acabar cos poucos movementos culturais de Galicia" ou "entendemos que a policía está a actuar de xeito persecutorio e interrompendo unha actividade sen ánimo de lucro, de libre intercambio cultural, respectuoso coa veciñanza e coa cidadanía da vila de Pontevedra".

Asdo Edu

2 comentarios:

  1. Ampliei a notícia com o de NdeA dado que foi publicada no "site de sites" Chuza e criou que a gente se pugera a falar do Liceo Mutante ao confundi-lo com o CSO Liceo.

    http://www.chuza.gl/story/c.s.o-liceo-marin-fechado-orde-administrativa-do-bng-pontevedra

    Além, semelha que chuçeirxs habituais parece-lhes "insultante" que o BNG seja tildado de "nazionalista". A mim preocupam-me as atitudes "fascistas" de fechar iniciativas populares, venha de quem venha a repressom, e neste caso é o BNG de Lores quem tem estas atitudes.

    ResponderEliminar
  2. As practicas mafiosas por parte dos políticos,de todo signo, son de sobra coñecidas por tod@s: "promotores" coa colaboración dos concellos facéndose de ouro coa especulación urbanística a base de atosigar e ameazar ós veciños para que vendan ou marchen, e deixando que os edificios se pudran para xustificar a recalificación do chan nas áreas céntricas das vilas e ter asi vía libre para construir . E agora seus colegas do concello dedícanse a desaloxar ilegalmente ós proxectos culturais sen ánimo de lucro coa excusa de non ter licencias!!
    POLÍTICOS ESPECULADORES VOS SODES O PROBLEMA!! non a xente que tenta de levantar a cultura que tendes sepultada baixo as normativas!!
    A CULTURA NON É LUCRO
    O LUCRO NON É CULTURA
    Compañeiros:R que R!!!
    Ánimo e Saúde
    b

    ResponderEliminar