23 ene. 2013

[Suiza]: Comunicado de Marco Camenisch sobre a sua folga de fame no cárcere

Hai uns días publicabamos neste mesmo blogue cal é a situación de Gilbert Gislain preso anarquista en Francia e destacabamos que hai interés da "xustiza" e do goberno galos de deixar ao Gil no cárcere ata... e faciamo-nos eco da denuncia de ter ante nós un secuestro ilegal cando Gilbert xá cumpriu 30 anos de condea , e segue... Agora recebemos esta notícia ao respeito de Marco Cavenish, quen xá supera os 21 anos encirrados e semella que o estado e a "xustiza" suíza seguen o mesmo carreiro que na Francia, e como di este texto que estendemos à situación de Gilbert: "as súas vidas rebeldes que dan tantos anos de loita tenaz contra esta sociedade enferma e velenosa, son un exemplo demasiado perigoso". Copiamos, traduzimos e colamos de Contra Info:

En Italia, presxs solidarixs difundiron o seguinte texto axitando e invitando a accións contra obxectivos-estruturas de intereses suízos:

Marco Camenisch, en prisión ininterrompidamente dende hai máis de 21 anos, podería xa gozar da excarceración anticipada que as leis do Estado suízo estipulan para quen cumpriu os 2/3 da pena á que foi condenado.

Pero en canto a Marco, que, con coherencia, nunca baixou a cabeza ante as desigualdades e nocividades deste Sistema, as autoridades suízas queren mostrarse, tal reloxos, máis crueis que precisos: Marco debe quedar no cárcere.

Demasiado grave a afronta que implica a súa vida rebelde para a opulenta sociedade suíza, demasiado perigoso o exemplo que dan tantos anos de loita tenaz contra esta sociedade enferma e velenosa.

Agora ben, tal e como xa aconteceu en anteriores mobilizacións solidarias, nos ataques e protestas que estes anos acompañaron a resistencia de Marco nos cárceres, primeiro, italianas e, hoxe, suízas, é agora o momento de facer entender os que o manteñen encadeado que o noso compa non está só e que o seu encarceramento será sempre unha fonte de molestias e problemas para os intereses económicos que tan queridos son para o Estado suízo. Intereses nos que axentes e estruturas tamén están presentes aquí para nós a través de innumerables axencias financieiras e aseguradoras, empresas no campo do transporte e as comunicacións, industrias alimentarias e farmacéuticas...

Por iso, consideramos útil dirixir contra eles iniciativas de sensibilización para facer que, neste momento decisivo para o destino de Marco, o berro solidario chegue aos oídos dos seus carcereiros.

Ata que Marco sexa libre!

Amigas e amigos, compas:

Do 18 ao 25 de xaneiro de 2013, retomo a iniciativa, sempre débil e, aínda así, iniciativa, dunha folga de fame para interromper unha vez máis os longos silencios impostos pola represión e a pasividade, para alzar unha vez máis unha voz, unha voz débil pero polo menos voz, de solidariedade, de recoñecemento e participación nas iniciativas de quen seguen actuando e construíndo solidariedade e loita activa, de quen seguen atrevéndose e aumentando continuidade fóra e dentro dos cárceres.

Este é un caloroso e emocionado abrazo fraterno para a compañeira Elisa, no cárcere en Italia, e ao compañeiro Gabriel, en prisión en Alemaña, concretamente, pola solidariedade comigo na súa iniciativa de folga de fame rotativa o pasado mes de decembro de 2012, e pola participación incondicional no groso desta iniciativa mandando tamén eu, xunto a eles, como di esta irmá e compañeira e este irmán e compañeiro, o meu cómplice solidariedade a todxs xs dignxs prisioneirxs na loita esparexidxs polo mundo... e, tamén, gran parte desta iniciativa miña son os saúdos e abrazos ás irmás e aos irmáns golpeados pola represión, "fuxitivxs" e a acción directa en todas as partes do mundo, dende Italia e Grecia a América do Sur, dende Rusia e Indonesia aos Estados Unidos...

É un caloroso e emocionado abrazo a quen, en Suíza, Bélxica, e en todas as partes, como o Socorro Vermello Internacional e moitos outros grupos específicos e mixtos e individuos revolucionarios coa bandeira da solidariedade contra a represión máis alá das tendencias continúan e aumentan neste período os esforzos pola miña liberación e a liberación de todxs xs compañeirxs presxs do mundo, sobre todo, xs de larguísima duración, golpeadxs pola infinita e impotente -impotente ante a nosa firme solidariedade e resistencia revolucionaria- sede de vinganza dos Estados-Capital, como contra o compañeiro Ibrahim Abdallah en Francia, Mumia Abu Jamal e tantxs outrxs nos EUA, e xs compas do "caso security" en Arxentina, xunto a todxs xs demais...!

E é, unha vez máis, solidariedade e participación nas iniciativas e profundo sinal de ira contra o encontro anual do Foro Económico Mundial de Davos en xaneiro, contra este encontro do máis exquisito da escoura terrorista do mundo. Contra este encontro entre ricos e potentes asasinos e explotadores do mundo, xunto ás súas lexións de lambecús, madeiros, políticos, "expertos" (científicos) e bufóns (da "cultura", dos media...) que, tal e como adoita facer a escoura, sempre nadan na superficie do amoado envelenado, nauseabundo e, cada vez máis, letal que elxs mesmxs fan, só para afirmar e aumentar o privilexio das súas riquezas e poder sobre o mundo.

Este ano redescobren a pólvora dunha Interacción dos "Global Risks 2013 cunha necesidade de tomar medidas urxentes ante unha constelación con consecuencias potencialmente graves... de maiores factores de risco..., é dicir, a diferenza entre os ingresos e os fortes desequilibrios nos presupostos dos Estados, xunto ás (secundarias...) consecuencias do cambio climático. Temen o "risco" de pandemias causadas pola resistencia aos antibióticos, o "risco" do aumento de enfermidades crónicas - mesmo estas "ameazas" antieconómicas de xenuína produción da súa propia economía industrial asasina e ecocida. "Riscos" para que? Naturalmente, para o crecemento económico global! Entón, cales son as prioridades absolutas? A conservación nacional ante os riscos globais para que os sistemas de importancia vital (naturalmente, para o crecemento económico global!) sigan en funcionamento mesmo no caso dun estorbo masivo e, por outra parte, unha urxente colaboración internacional e maior innovación. Non se debería subestimar, pois, o "risco" do acceso, cada vez máis, masivo á información en Internet polos seus efectos (democraticamente...) desestabilizadores [sic!].

Estes asasinos globais e totalitarios para os que é imprescindible a diferenza entre os ingresos e os fortes desequilibrios nos presupostos dos Estados saqueados por eles mesmos, para os que -e para o seu sistema- é imprescindible a catástrofe humana e ambiental de enormes sufrimentos, estragos, aniquilacións planetarias que diminúen os "perigos", vólvennos presentar como "solucións" aínda máis diferenzas, desequilibrios, catástrofes e aniquilamento, polo cal aínda máis totalitarismo (nacional, global, innovador) -é dicir, control do incontrolable- para manter en funcionamento, custe o que custe, os sistemas do seu sistema que é causa e raíz mesma destes e doutros 50 "riscos" que citan e dos incontables que non citan, xa que "é problema deles, dos de Abaixo, que os nutrimos de guerra, de porras, de cárcere e de miseria, para o noso beneficio,".

Nada novo, pois, demostran con descarada e imbécil claridade, unha vez máis, que son eles e o seu sistema o problema, cada vez máis urxente de arrancar, radical e totalmente.

Fora o FEM, fora o Estado-Kapital!
Todxs libres!


Marco, centro de exterminio Lenzburg, xaneiro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada