23 ene. 2013

Fanzine: "Identitarismo e machismo no medio subversivo"

Recebemos no nosso correio este "fanzine-collage" em formato pdf ao que podedes aceder ou descarregar desde esta ligaçom.

Cópiamos e colamos a sua apresentaçom:

Este texto trata de evitar ser unha declaración de principios. Vale, témolo claro: non somos nin pacifistas, nin tecnócratas, nin vangardistas, nin reformistas, ... A pregunta que nos queremos facer, a pregunta que nos sirva para facer máis efectivos os nosos esforzos, é unha pregunta estratéxica. Un cuestionamento dos medios, que conteñen aos fins; da forma, que determina o contido. Unha vez que nos afirmamos mediante a negación do que nos arrodea é necesario pensar no modo de conseguir os nosos obxectivos. Definir estes obxectivos pasa por, na miña opinión, extender a negación, socializala, posibilitar que máis persoas a habiten. Non se trata de procurar o xeito de facer que outras persoas “fagan algo por nós”, senón de fomentar a extensión dunhas prácticas negadoras da autoridade, a todos os niveis.

Transcribo aquí retais de textos alleos nos que baseo a miña reflexión, anacos de espellos nos que verse reflictidxs. Baséome principalmente en escritos que reflexionan sobre a revolta de Decembro de 2008 en Grecia, como o estourido social de maior dimensión dos últimos anos. Pero tamén doutros lugares e momentos, e nos que o movimento subversivo ten tamén maior alcance que en galiza. Isto, creo eu, pódenos servir para aprender das experiencias alleas, ou cando menos, axudarnos a visualizar cuestións que poden ser comúns e que precisamente porque aquí somos menos (ou máis dispersxs) poden pasar máis desapercibidas.

A idea deste “fanzine-collage” surxiu a partir da leitura do texto de Alex Trocchi, Para que a insurreição tenha êxito temos primeiro de nos destruir a nós próprios. Nel analízase o identitarismo que repuntou despois da revolta grega como o límite da insurrección. Un identitarismo subcultural caracterizado polo culto aos ataques militaristas, por unha retórica e unha estética da “guerra perdida”, que sitúa os esforzos subversivos como unha especie de “obriga moral” dunha “permanente minoria sempre a perder a guerra contra o resto da sociedade”. “Este niilismo anti-social”, di, “tornou-se, infelizmente, uma componente cada vez maior da identidade anarquista na Grécia.” “A ínsurreição´ reduz-se a uma série de acções, onde é aplicada a mesma quantidade lógica do consumo de mercadorias ao número e à ferocidade dos seus ataques individuais.”

Sen necesidade de cuestionar a utilidade da acción directa, se penso na orixe desta pulsión “guerreira” e cuantitativista venme á mente a testosterona. Ten moito que ver, penso eu, con que a que non existe un traballo de cuestionamento dos roles de xénero (desde logo non desde o lado masculino). Porque a ninguén se lle escapa que o papel de “soldaditos” é algo no que a nosa cultura nos educa de mil xeitos subliminais aos homes. Na súa parte final Alex Trocchi expón o seguinte:

“Poderá ser a tarefa da nossa geração realizar o potencial de todas a insurreições falhadas. Isso significa que a futura insurreição na Grécia deve ir para além dos limites de 2008: em vez da simples destruição das montras das lojas num tipo de apocalipse impetuoso, a insurreição significa a difícil transição para uma nova forma de vida para além do capitalismo e do estado. Essa nova forma de vida deve trazer um novo tipo de metafísica que não esteja baseada numa identidade individual”

E da o seguinte exemplo:

“Estar numa reunião à luz de uma metafísica capitalista de indivíduos isolados leva a que um indivíduo que defenda uma acção pareça ser bastante corajoso, enquanto que outro individuo que expresse algum receio de que o plano falhe poderá ser visto como cobarde. Ao estar numa assembleia através da óptica de uma nova metafísica que considere as relações sociais como fundamento da realidade, uma pessoa poderá expressar um tipo de coragem que ressoe entre todos, mas a outra expressa também preocupações e medos igualmente válidos que todas as pessoas da assembleia sentem mas que tiverem elas próprias receio de articular.”

Esa tal “nova metafísica” recordoume de volta as críticas que o feminismo ten feito dalgunhas situacións comunmente repetidas no movimento subversivo, concretamente no tocante á acción directa.

Dúas perspectivas críticas: contra o identitarismo, e contra o machismo (entendido como o conxunto de comportamentos que reproduce a supremacía masculina). Ao meu modo de velo son tamén en galiza as cuestións máis limitantes dos procesos insurreccionais e autoxestionarios. Dúas cuestións que comparten unha orixe común, sobre a que se pode actuar. A posibilidade de atopar máis ideas que relacionaran estas dúas cuestións foi o que me levou a tratar de rastrexalas noutros textos afíns. E a plasmalas neste material, unha compilación empastada por algunhas palabras propias, que é un pequeno intento de facer chegar máis alá as nosas reflexións, de radicalizar a crítica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada