16 ene. 2013

Non todo vale polas lentellas


Copiamos e colamos do Colectivo De Apoio A Senlheiro estas "reflexións" do Tonho (irmão de Hadriam, "Senlheiro")


Reflexións I.

Xa fai tempo que está moi de moda o emprego dos termos ''violencia callejera'' nos ''medios de comunicación''. É realmente algo curioso, algo que lles gusta moito empregar. Digo eu, que a violencia só atinxe a seres vivos non a cousas inertes. As cousas polo seu nome.

O linchamento mediático.

A todos nos gusta ser moi cívicos e racionais. O malo é cando non se pode. Hai conflito.
Como defenderse dun linchamento mediático?
Como moitos de vós puidestes ver, o outro día na aldea de Quistiláns, agora moito máis coñecida que hai uns días, tivemos un pequeno conflito.
Unha suposta ''reporteira'', das que moitas veces se lles esquence a palabra ''suposta'' do tinteiro, estaba disposta a facer un ''gran traballo xornalístico''.
Como ben dixo a nai duns dos meus millores amigos, e tamén do Senlheiro, non todo vale polas lentellas.
É unha destas frases que se me quedarán gravadas no disco duro pra toda a vida, como o sucede de todos estos días.
Ás veces penso coma se todo fose un soño, que non pode ser certo. Para aos poucos segundos ter que voltar á realidade.

O que pasou o outro día.

Unha xornalista da Tvg, imos chamarlle polo nome, Margarita, estaba disposta a facer de paparazzi ao máis estilo noxento de ''Salvame Deluxe'' ou algo semellante. Había un problema que ela non sabía. Estaba no lugar equivocada, na aldea errada. E topou con xente con folgos e sen vergoña. Coma toparon hai tempo coa nai de Santi e Edu. Deplorables esas imaxes desa nai que, non tendo suficiente con que lle apliquen a lei antiterrorista aos seus fillos, ten que enfrontarse con esta xente.

Non todo vale polas lentellas.

Todos sabemos como funciona o mundiño dos ''medios de información''.Todo é un copia e pega das noticias que ofrecen as axencias de información.E non fai falla ser xornalista pra sabelo. Todos sabemos que o traballo de investigación non está de moda. Vale o rápido e o barato. É unha mágoa que casualmente editasen o video dese ''brutal ataque'' que sufríu a informadora e non saían ás suas verbas.Pero grazas á sua pouca intelixencia si saen as verbas dunha amiga que se encarou con ela, e que clara e rotundamente lle explicou a esta ''xornalista'' o que estaba a facer.E sen insultala en ningun momento. Non todos temos esa paciencia e autocontrol que eu admiro desta amiga. Sí que lle choveu unha pedra no cristal do carro. Aínda me sorprendo hoxe en día que só lle caese unha. Porque caemos na trampa que ela nos tendía, o que ela buscaba, o morbo.Pero que podiamos facer? Sei que é facil condear estos feitos sen vivilos en carne propia. Pero pensade por un momento se fose a vosa nai a que está dentro da casa, aterrorizada, enclaustrada na cociña con medo a saír á sua propia eira. Eu non me arrepinto de botar a esta xornalista desta maneira. Ao contrario. Que máis me da que me acusen de violento se son o irmán dun ''jefe terrorista gallego'' como di a señorita Natalia Puga ,á que espero poder denunciar, inda que non sirva pra nada. O resto de xornalistas marchou tranquilamente coas primeiras invitacións a facelo, e sen ningun percance. Ao igual que rapidamente marchou o último carro da policía nacional, inda vendo que a ''xornalista'' da TVG tiña gañas de material morboso. Eles non. Non dubidaron en arrancar. E menos mal, porque non sei que podería pasar. Eu preguntome, e preguntovos, que quería gravar esta Margarita? Xa levaran ao noso irmán, a 100 km/hora por unha estrada de 50 fugazmente ás mazmorras de Compostela. Xa rematara o rexistro. Xa non quedaba nada que rascar. Pero ela empeñouse en ter algo. E por suposto que o tivo. O que non tivo foi ningún veciño que falase mal de nós. Porque somos os que somos e xa nos coñecemos. Podemos ter as nosas ideas pero non facemos mal a ninguén. E eles sabeno, Porque aínda somos unha aldea. Non somos unha Aldea Nova chea de estranos que viven porta con porta. Aínda nós axudamos a apañar as patacas nas leiras uns dos outros. Todo isto era o que non sabía a tal Margarita. Levabamos máis de 24 horas sen durmir rodeados de varias dúcias de persoas con pasamontañas. Tentade comprender, os que condeades este feito, que non fosemos o suficientemente educados. Se a policía levaba tantos meses agardando pola zona para coller ao meu irmán, digo eu, non podían esperar un pouco máis a collelo realmente con esos artefactos tan perigosos que tiña enriba? non podían esperar a que realmente os tivese dentro do carro? a que os estivese manipulando? non, non tiñan tempo. É o meu irmán o exército dun só home? Tan perigoso era? Tanto circo era preciso? O meu irmán é moi grande, pero non tanto. Está agora mesmo coa lei antiterrorista incomunicado e a centos de kilometros de nós. Por algo que nin sequera tiña enriba, que nin sequera ten as súas pegadas datilares. Son bos estos días para voltar ver as gravacións de Carlos Varela da loita das Encrobas neste ''país dos ananos''. A min non me quita o sono que poñan petardos en caixeiros ou bancos, en inmobiliarias ou mesmo en sedes de Manuel Fraga. E moitos acusaranme de enaltecimiento del terrorismo. Mesmo pode que nos cancelen esta conta de Facebook, o único medio que temos para comunicarnos coa xente. Aquí non se mata a ninguén. Agora que se lles rematou conto de ETA xa non saben que contarnos. Que é o terrorismo? O meu irmán estivo no monte horas rodeado de xente descoñecida con pasamontañas. Só el sabe que aconteceu alí. Mais como defendernos de todo isto? A min non me preocupa que rebenten os cristais dos bancos, non me quita o sono. A vós? Realmente nos tempos que estamos vivindo e todo o que está pasando, non é o normal que pase isto? Temos que seguir tranquilos pacendo coma vacas na leira? Que se supón que hai que facer? Gustaríame seguir reflexionando, máis teño que ir traballar. Polas lentellas. Non pretendo convencer a ninguén, nen que isto lle guste a todos. É tan só o que eu penso, e atropelladamente quero expoñelo, inda que sexa tan só pra botalo fora. O que ten cú,ten medo. E eu teño medo. Pero tamén teño boca e língua, e vós? Moitas gracias polo voso tempo Tonho (Irmao de Hadriam "Senlheiro") Fonte: Colectivo De Apoio A Senlheiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada