16 sept. 2012

Sancións por concentrarse diante da sede do PP de A Coruña


En datas recentes chegaron sancións administrativas contra participantes de dúas protestas sucedidas no mes de xullo e que tiveron como denominador comun o corte de tráfico diante da sede do Partido Popular dos Cantóns da Coruña.
O 11 e 13 do pasado mes de xullo tiveron lugar sendas protestas en apoio das loitas mineiras e contra os recortes sociais anunciados polo goberno de Rajoi respectivamente. A indignación popular tivo coma branco a oficina do partido do goberno, frente á que coreáronse consignas contra a crise mentres se paralizaba o tránsito rodado da céntrica rúa de Sanchez Bregua.
Pese a que na primeira das protestas a calzada despexouse ante o requerimento policial e que na segunda nin sequera produciuse tal solicitude por parte das "forzas da orde", varios participantes das devanditas manifestacións recibiron a partires de agosto sancións administrativas de caracter grave por desobedecer os mandatos policiais.
Mentres que no caso da protesta do 11 de xullo os sancionados foron identificados ao remate da mesma, cando a maior parte dos participantes xa se disolveran; os sancionados pola manifestación de dous días máis tarde non foron identificados de ningún xeito durante o transcurso da mesma, do que se deduce que foron recoñecidos mediante gravacións audiovisuais.
As denuncias da primeira das protestas, a solidaria coa marcha mineira, aluden a un inexistente bloqueo da sede Popular que impediu a entrada e saída ás súas instalacións; cousa que non sucedeu en ningún momento pois, de feito, os ocupantes da mesma abandoaron o inmobre durante o transcurso da protesta sen máis percance que o de seres icrepados por algúns manifestantes.

Nova elaborada por C.R. a través de información facilitada por algún dos sancionados. Mais información en ESTE artigo de Praza Pública ao que nós chegamos dende AQUÍ, en Diario Liberdade onde atoparedes a súa traducción ao reintegrado.

As novas sobre as dúas protestas cando estas sucederon, neste mesmo blog, AQUÍ e AQUÍ.

1 comentario:

  1. A canto ascenderon as multas?

    Solidaridade cxs sancionadxs!

    ResponderEliminar