29 ago. 2012

Polo dereito a decidir. Voltan os 70's!‏ (A Coruña)

Reproducimos esta interesante convocatoria feminista coruñesa, cumprindo así o prometido hai uns días de informar sobre a mesma en canto tivésemos máis información:

Damos inicio ás accións en defensa dos dereitos das mulleres este venres 31 de Agosto no Paseo Marítimo da Coruña, na Coraza de Orzán (onde as bandeiras).

Compartiremos información, pensamentos e sentires diversos sobre o por qué de nos mobilizar hoxe e aqui. No debate "Por qué estamos aqui?" Falaremos do dereito a decidir, das propostas, creacións de redes, planificación de accións...e a continuación faremos un roteiro co lema "As institucións FÓRA DO MEU CORPO!!"

Iremos dando mais detalles próximas ao dia. De momento reservar esta tarde de venres para loitar por nós, por todas.

http://corunha.info/node/664

(**) Nota: todas aquelas persoas que desexen axudar cos preparativos de última hora están convidadas a facelo na reunión que terá lugar mañá xoves 30 ás 20:00 da tarde no CSOA Palavea


No hay comentarios:

Publicar un comentario