6 sept. 2012

Recordatorio: I Xornada anarquista e Punkxea festival (Pontedeume) + Concerto Palavea

Reproducimos a seguinte convocatoria dos compas de Pontedeume chegada ao noso mail e engadimos que, para financiar mellor os gastos do concerto, este venres 7 de setembro tocarán os grupos "Sutura", "The Fé Kaos" e "Eotem" na okupa coruñesa C.S.O.A. Palavea (cartaz do concerto abaixo da entrada):
O vindeiro sábado 8 de setembro convidamos-vos a I Xornada anarquista e ao I Punkxea Festival que se celebrará no C.S.O. A casa da estación.

As actividades coas que contaremos serán as seguintes:

11:00h. (e durante todo o día) haberá a disposición de todxs un muro duns 20 metros de largo por 2 metros de alto para quen desexe facer algún grafiti, plantillas, pintura, etc. relacionado co tema da okupación.

14:00h. Xantador solidario pro-presxs e achegadxs.

16:00h. Palestra sobre loita obreira e anarcosindicalismo.
(Compañeirxs da CNT de Ferrol falarán sobre como nestes días hai outras opcións ó sindicalismo vertical, así como métodos de acción directa e alternativas na loita contra o patrón).

18:00h. Palestra sobre anarquismo e represión carcelaria.
(A cargo do compañeiro José M. Botana Cao "Boti" autor do libro Caminando hacía el abismo, no que conta a sua historia dende que entrou na cadea por primeira vez no ano 1975 pasando 5 veces ata o ano 2003. Esta é a vida dun delincuente habitual de ideoloxía anarquista dende a xuventude, durante os últimos días do franquismo, ata o presente. A cadea e a loita contra a mesma, así como os movementos políticos que quedaron o marxe da "transacción" española).
http://frakasoescolar.blogspot.com.es/p/caminando-hacia-el-abismo.html

21:00h. Campionato de fubolín, que terá como agasallo un lote de libros.

23:00h. I Punkxea festival

Sutura (punk Donosti)
www.suturapunk.com

Alterazión del orden (punk Melide)
myspace.com/alteraziondelorden

The fé kaos (punk chabola Ribeira)
myspace.com/thefekaos

Comando Robalisa (Punk en galego dende Portosín)
myspace.com/comandorobalisa

Tódalas actividades serán de balde agás o concerto a 4 euros e o campionato de fubolín que terá un custe de 2 euros por parella.

Durante todo o día haberá espazo dispoñible para distribuidoras alternativas de música, fanzines, libros, artesanía, etc..

Contaremos con zona de campismo e sitio para durmir na casa tamén (traede por favor esterilla e saco de durmir e quen queira montar tenda tamén deberá traela).

Para chegar a Pontedeume tendes varias opcións, coller o tren que vos deixa a 100 metros da okupa, tamén hai unha liña regular de bús, e se vindes en coche está a N-651 (opción que recomendamos) e a AP-9.


Unha aperta e saúde.
Organiza o colectivo anarquista Boo-chan en colaboración co C.S.O. A casa da estación


C.S.O. A casa da estación
Avda. de Ferrol, 71, Punktedeume
csocasadaestacion.blogspot.com



4 comentarios:

  1. 4 eurasos de conserto???????

    caralliño!!!!!!!!!!1

    ResponderEliminar
  2. É unha pena ver actividades similares(recaudar pasta para proxectos antiautoritarios e difundir musica anticomercial) pisándose no tempo(Corme-Coruña)

    ResponderEliminar
  3. Mentres o anarquismo non se separe do triburbanismo non será mais que unha opción estética integrada e totalmente aceptada polo sistema, sen ningún tipo de posibilidade transformadora. Ser anarquista e punk, por desgracia, neste mundo da realidade no que vivimos é contrarevolucionario. E é unha pena, xa que hai un feixe de anarcopunks que realmente loitan, que son serios e comprometidos, outros que tamén loitan abandonan ao mesmo tempo a estética e a loita e outros son directamente costras cos que non se pode facer nada, antisocias que so se acercan ao anarquismo pola estética, xa que o anarquismo é totalmente social, o antisocial é o capitalismo. Que non quero decir que todas teñamos que escoitar a Bisbal, pero tampouco se pode ir de asusta-vellas pola vida. Nun mundo ideal non pasa nada por que cada un vista como lle pete, pero desgraciamente non é un mundo ideal e a estética conta se se pretende cambiar a sociedade. 30 anos de Punk ou como convertir ao anarquismo de un movemento de clase a unha actitude estética... en fin... moito por facer

    ResponderEliminar
  4. Coma ti ben dis, hai xente que dende proxectos claramente definidos coma parte da contra-cultura coñecida como Anarco-punk loitan. Peña xestionando distris ou editando fanzines, espazos okupados, e por suposto, xente que, alén das pintas que leven ou dos seus gustos musicais, participan de cotío en colectivos xunto con toda clase de compañeirxs. Non creo que o triburbanismo axude en nada ó anarquismo, é certo e penso que tes razón eh?, estou bastante dacordo contigo, pero tampouco penso que por levar unha estética determinada ou escoitar certo tipo de música teñas que ir necesariamente de "asusta-vellas pola vida", do mesmo xeito que tampouco penso que pola leria de catro kostras haia que encasillar a todo un movemento coma é o anarco-punk. Para min unha persoa que se encadra nunha estética para ir de rebelde pola vida non é anarquista. En todo caso, trataríase de alguén cun serio problema de conceptos e de personalidade. Pero así como teño coñecido punks que levan a cabo unha loita diaria do máis plausible, e teño coñecido kostras que dan ganas de partirlles a cara, pois teño coñecido tamén xente que sen "pintas raras" amosou un gran compromiso pero tamén peña que pese a vestir "coma o resto" por dicilo dalgún xeito, criticaban á peña que leva pintas asociando a súa estética a un inmovilismo, cando algunhas desas persoas fan un traballo moito más consecuente e fructífero que xs catro críticxs de turno. Insisto, con isto non pretendo poñer en dúbida nin o teu compromiso (xa que non te coñezo) nin tampouco dicir que as túas intencións sexan criticar gratuitamente, pero bueno... espero que se me entenda.

    No relativo ao que dixeches de que o anarquismo é totalmente social, non é certo. Que ti (e eu tamén, conste) empaticemos máis cas liñas sociais non quita o feito de que existen tendencias anti-sociais manifestas, ver por exemplo o activismo de organizacións nihilistas en Grecia coma CCF e/ou determinadas células reivindicadas baixo o proxecto de FAI/FRI.

    Saudiña.

    ResponderEliminar