14 ago. 2012

"A Zalenvá" denúncia as agresións sexuais e manifesta o seu rejeitamento ante a violencia machista

Facemonos eco do correio que as mulleres do C.S. A Zalenvá (Valenzá-Ourense) fixeronnos chegar e copiamos e transmitimos:

Dende a Zalenvá queremos manifestar o noso desacougo e cabreo ante situacións como a acontecida hai unhas semanas na contorna do noso barrio. Referímonos ás agresións sexuais que se dan continuamente e de formas moi diversas nas nosas vidas. Neste caso o coñecemento público da violación xerou, coma sempre, comentarios e conversas cargadas de mitos e estereotipos que desexamos desmontar. Mitos como: o violador está/é un enfermo ou as mulleres provocamos a situación ou non debemos camiñar pola rúa a certas horas, non fan máis que xustificar aos agresores, culpabilizarnos ás mulleres e prohibirnos novamente transitar tempos e espazos, coartando a nosa liberdade.

Ademáis queremos manifestar o noso apoio a todas aquelas mulleres que valentes sobrepóñense a estes sucesos traumáticos. Porque non é doado, sobre todo cando a sociedade coloca o estigma e a responsabilidade sobre quen é violada e non sobre o violador.

Por iso pasámosvos a contrainformación en adxunto (o cartaz), para romper coas crenzas que perpetuan as relacións de poder, a violencia e a desigualdade. Agradecémosvos pois que a difundades.

"A violación é un programa político preciso: esqueleto do capitalismo, é a representación crua e directa do exercicio do poder (...) A violación é a guerra civil, a organización política a través da cal un sexo declara ao outro: eu tomo os teus dereitos sobre ti, fórzote a sentirte inferior, culpable e degradada."Virgine Despentes. Teoría King Kong, 2009

"En Estados Unidos e noutros países capitalistas, as leis contra a violación foron orixinariamente formuladas para protexer aos homes das clases altas fronte das agresións que podían sufrir as súas fillas e esposas. habitualmente, os tribunais prestaron pouca atención ao que lles puidera acontecer ás mulleres da clase traballadora, e por iso, o número de homes brancos procesados por violencia sexual infrinxida a estas mulleres é extraordinariamente reducido"
Angela Davis. Mulleres, clase e raza, 1981

Moitas gracias e saúdos!

Máis información na sua web: http://azalenva.blogspot.com.es

3 comentarios:

  1. Se calhar nom estaba de mais facer-nos com informaçóm mais precissa antes de exponher segúm que cousas. Quero dicer... nem todos os homes som violadores nem os violadores som violadorse porque sim, nem todas as condutas sexuais agressivas se consideram violaçóm.

    O certo é que durante décadas o feminismo o único que foi capaz de dicer ante as agressóns machistas, for do tipo que for incidía na necessidade de aumentar o castigo e a estigmatizaçómdo sujeito agressor, deixando entrever umha gestóm de esta problemática bastante cuestionábel. Inclusso a día de hoje nom som poucas as feministas que acoden á castraçóm química á hora de buscar remedios para evitar a reincidencia ou fican em proposiçóns de tipo policial e judicial. Creo que este tipo de posturas están baseadas no rancor e que no fundo están a sacraliçar a sexualidade da mulher, pois habitualmente se trata á vítima da violaçóm coma umha mulher mui mal ferida. De algúm geito a agredida é estigmatizada coma "violada" impedíndolhe voltar a desenvolver-se com normalidade no seu ambiente mais próximo.

    Por outra banda, penso que deberíamos procurar razóns científicas que expliquen o comportamento da violaçóm. Se exploramos testemunhas de diversos homes que cumplen cadea por violaçóm, atopámo-nos com que a meirande parte expressan o seu interesse por abandonar essa conduta, feito que os meios de comunicaçóm e a maior parte do feminismo ou ingnoran ou fam que ingnoran. Desde há anos as penitenciarías contan com programas de tratamento para agressores machistas.

    A día de hoje existen dúas teorías:
    -Teoría do custo reprodutivo diferencial: apunta ás dificultades que algúns sujeitos (maioritariamente masculinos) tenhem á hora de ser seleccionados para manter relaçóns sexuais. Trataríase de pessoas que polo seu aspecto físico ou perfil psico-social nom cumplen os esteoreotipos "precissos" para manter relaçóns. Esta teoría tem a eiva dos cassos de prostituiçóm que valerían de "desafogo" a estas pessoas.

    -Teoría de atracçóm á vilencia sexual: Busca as causas desta conduta nos processos de socializaçóm e interiorizaçóm da sexualidade. Nom é um dato a obviar o grande número de cassos de violadores que na súa infancia foron agredidos sexualmente. Esta teoría fala da extrema ligaçóm que existe entre violencia e sexo e da incapacidade de muitos violadores de excitarse se nom é por meio da unióm de ambas actitudes. Sem embargo nom é capaz de explicar porque tantos outros nom se excitan mirando filmes nos que se fingem violaçóns e inclusso chegan a reprobar tales actitudes.

    Em ambas teorías, penso que o que se pom de manifesto é umha grande violencia sobre os sujeitos de estudo, tanto por ter sido sujeitos de violaçóm coma por ter sido deseleccionados para manter relaçóns desde mui temprana idade.

    Bufff levo tanto escrito que ja nom lembro a onde quería chegar. Suponho que me proeo a cita de Virgine Despentes. Paréce-me mui sesgado mirar a problemática unicamente a perspectiva da vítima e creo que isso mais que compreender a ajudar a resolver o problema, nom ajuda mais que a vitimizar-se mais e mais.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "Se calhar nom estaba de mais facer-nos com informaçóm mais precissa antes de exponher segúm que cousas" (????)

      Estás a criticar que em Abordaxe nos fagamos eco dum correio recebido ??

      Consideras com isso que tudo quanto fazemos público neste blogue tem que ter a nossa total sincronia com o que nos mandam ??

      Bom, iamos têr sérios problemas para publicar qualquer coisa, se for assim.

      É, quanto menos, curioso para mim, que em quanto fala-se de machismo, surjam estes debates infrutuosos com críticas ao feminismo combativo (por certo, eu nom vim em nengum lugar do comunicado das mulheres de Zalenvá que se faga referência a aumentar castigos), coisa que nom sucede com outros temas como, por pôr só um ejemplo, a luta da minaria (ou acaso estamos a favor da extraçom de minerais da terra??)

      Eliminar
  2. Eu a verdade... flipo con según que comentarios.

    Hai peña que non entende que NON É NON!

    Sí, é certo que existen violadores que o fan movidos por un trauma ou incluso por problemas mentais, e tamén é certo que é preciso profundizar nas orixes deses comportamentos máis aló da cuestión do machismo. Sen embargo, iso non quita que haia outros moitos que o fagan por puro pracer, e de feito, tanto nos casos nos que os "coitadiños" violadores son producto dun trauma coma nos casos nos que é por pracer, o problema penso que se atopa nun egoísmo que ten a súa raíz nunha mentalidade froito do patriarcado e o sexismo misóxino, aínda presentes na nosa sociedade e manifestos moitas veces de xeito imperceptible.

    Non hai que focalizar toda análise que se faga do fenómeno da violación dende a perspectiva da víctima, é certo, pero tampouco hai que darlle demasiadas xustificacións ao acto da violación nin tentar que semelle que todos os violadores son pobriños maltratados. A min de feito, cando nos motíns xs presxs cosían a coiteladas ós violadores... que queres que che diga?, paréceme xenial.

    ResponderEliminar