9 jul. 2012

Loita mineira

Tras máis de 50 días de folga, coas concas mineiras iluminadas polo lume das barricadas (máis de 500 cortes) e coa marcha negra ás portas de Madrid, rompemos unha lanza en favor deste colectivo profesional que, coa súa valente loita, devolve a dignidade a toda a clase traballadora. Quizais non apoiemos o total das súas reivindicacións, de dubidoso carácter ecolóxico, pero dende logo que ofrecen unha imprescindible lección táctica a todos eses "regalaflores" arrogantes que, encumbrados polos medios, pretenden dicirlle a todo o mundo o que se pode e non se pode facer.

Así que vos ofrecemos este video de La Tele. Cat, sobre o que chamou a nosa atención unha mensaxe chegada ao correo:

http://latele.cat/microfilms-2
Por se non quedastes saciados deixamos tamén este outro vídeo de enfrontamentos en Ciñera (e que nós collemos de Infopunt -AQUÍ-):


C.R.

2 comentarios:

  1. O da Unión de Guarros Cerriles que aparece falando ao comezo do vídeo de "Latele" seica aínda non entendeu que ningún/ha policía, guardia civil ou membro de calquer outro corpo represivo do Estado, é un/ha traballador/a. O único que non merecen é compaixón, paz, amor e comprensión.

    Dicía William S. Burroughs:

    "A xente que está no poder non vai desaparecer voluntariamente. Darlle flores xs polis simplemente non vai funcionar. Estas ideas son fomentadas pola clase dirixente; non hai nada que lles guste mais que o amor e a non-violencia. O único xeito no que me apetece ver unhas flores dadas xs madeirxs é nun tiesto lanzado dende unha ventana alta"

    ResponderEliminar
  2. Xentiña, deixo isto por aquí:

    http://www.elplural.com/2012/07/08/tve-omite-las-heridas-provocadas-por-los-antidisturbios-a-una-nina-durante-la-marcha-de-los-mineros/

    TVE omite deliberadamente información sobre as feridas e o traumatismo causado a unha nena de 5 anos por unha pelota de goma disparada no transcurso dunha protesta mineira na localidade de Pola de Lena, unha das mais hostigadas da cuenca mineira asturiana.

    Tamén vos enviei ao correo algo mais de info sobre o tema da nena ferida.
    Saude.

    ResponderEliminar