30 jul. 2012

Entrevista Amadeu Casellas

Se durante o último mes xa informáramos da absurda montaxe coa que pretenden meter a Amadeu Casellas outra vez entre reixas (-AQUÍ e -AQUÍ), agora deixamos que sexa el, coas súas propias palabras, o que explique a situación na que se atopa.
Neste video, que nos collimos do Portal Libertario OACA (orixinal -AQUÍ), Amadeu fala da sentenza por un inexistente episodio de tráfico de drogas que fixaba para antes do 2 de agosto o seu novo ingreso en prisión (hoxe as 12:00h haberá unha roda de prensa ao respecto no colexio de periodistas de Barcelona); dos oito anos que cumpriu de máis nas cárceres do estado, e que, polo tanto, se lle deben; e dalgunha que outra consideración máis sobre o sistema xudicial e carcerario:


Máis info en "La Haine" -AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario