27 jul 2012

Manual de seguridade e contra-vixilancia

Nestes tempos de control social esaxerado e omnipresente vixilancia sobre as nosas vidas, onde a pesadilla orwelliana do Grande Irmán revélase dunha cotianidade inapelable, as técnicas de espionaxe, rastreo e monitorización avanzan a un ritmo sorprendente, espoleadas, como non podía ser doutro xeito, pola desbocada progresión tecnolóxica. Aínda que empregadas tamén con fines comerciais por empresas e corporacións contra o común do cidadán, nestes tempos de crise e tensións sociais, son os movementos contestatarios e os grupos antagonistas os evidentes destinatarios de tan liberticida intromisión na nosa privacidade.
Cámaras de vixilancia do tamaño dun dedal, rastreadores GPS, teléfonos móviles que funcionan como micrófonos aínda apagados, total control das comunicacións a través da rede, programas de recoñecemento biométricos… son parte do novo arsenal disponible para a neutralización da disidencia. Ás que temos que sumarlles as vellas técnicas de seguimento, infiltración, desprestixio e desinformación que non por ser “de toda a vida” son menores en eficacia.
É por todo iso que deixamos aquí o enlace á este interesantísimo manual de “Contra-Inteligencia” que nós atopamos na páxina web “Viva la Anarquía”: -AQUÍ.
Completamos a información con este enlace ao artículo “La libertad y las nuevas tecnólogias", da mesma temática, e publicado neste mesmo blog en Xullo do 2010 en base a unha charla impartida no extinto C.S.O “A Casa das Atochas”: -AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario