4 ago. 2012

Recordatorio: Concentración antitaurina (A Coruña)


Como tódolos anos por estas datas volve a Feria taurina á cidade da Coruña. É por iso que para este sábado 4 de agosto hai convocadas dúas protestas contra tan sádico e noxento evento:
A primeira, ás 18:00h, será fronte as portas do Coliseum para aguarlle a "festa" á endomingada e fascistoide asistencia. O lema da mesma é "Contra a tortura e a dominación" e o cartaz, chegado ao noso correo, non leva convocante.
A segunda, convocada pola plataforma "Galicia, Mellor Sen Touradas" e a que xa se lle adheriron partidos políticos, asociacións ecoloxistas e outras de diversa índole, comezará ás 19:00h na praza de María Pita, a varios Kilómetros de onde transcurre tan macabro evento.

2 comentarios:

  1. Si entrais aqui : http://latorredehercules.blogspot.com.es/2012/07/argentino-asesinado-en-espana.html Leereis una noticia de ultima hora sobre el posible asesinato por parte de la policia de Catalunya de un activista okupa argentino que vivia alli desde hace 7 años.

    ResponderEliminar
  2. Aquí en Pontevedra, por se algún/ha compañeirx quere asistir, o día 11 de Agosto terá lugar a manifestación anual contra as touradas, con saída da Praza da Peregrina, ás 20:00 da tarde.

    Convoca Touradas fora de Pontevedra, e apoian varios colectivos de diferente índole (as miñas simpatías persoais con eles son poucas, pero iso é tema aparte xD).

    Agradécese por suposto difusión e asistencia.
    Saudiña.

    ResponderEliminar