2 jun. 2012

Martes 5 Xuño as 20:30' : Charla de Javi Ávila nas IX Xornadas Anarquistas de Compostela

A pneumonia do Javi, da que dábamos conta na noticia da suspensión das suas charlas en Compostela e A Coruña, remiteu a bo ritmo, e ainda que o compa segue ingresado, poderemos contar con el para este vindeiro martes día 5 na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" de Compostela às 20:30', onde daranos conta dos seus anos de luita nos cárceres, da criación da APRE (Asociación de Presos en Régimen Especial) na que compartiu traxectoria con Xosé Tarrio, do régimen de aillamento que normalmente se aplica a presos que reivindican os seus direitos e doutras situacións que nos farán achegarnos à realidade carcerária das últimas decadas no estado español.
Por causa de datas, a charla no CSO Palavea de A Coruña queda suspendida.
Animadevos todas a vir a Compostela!!

1 comentario: