Segundo información chegada ao noso correo electrónico, a central anarcosindicalista C.G.T. da Coruña, conxuntamente coa C.U.T., convocaron unha manifestación par o próximo domingo 17 de xuño, ás 12:30h, con saída da Praza de Pontevedra e remate na Praza do Humor. O lema da mesma será: ”Políticos corruptos, patróns escravistas, banqueiros ladróns… TEMOS QUE ACABAR CON ELES!”
Información na páxina da C.G.T. de Galiza aquí.
7 jun 2012
A C.G.T. convoca manifestación na Coruña contra os recortes e a reforma laboral
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Políticos corruptos (pero as subvencións ben que as collemos para prostituir a auto-xestión).
ResponderEliminarPatróns escravistas (pero ben que lles facemos a rosca asinando os ERE, e da man de CCOO e UGT para mais inri).
Banqueiros ladróns (pero ben que condenamos a acción directa e a sabotaxe contra as súas sucursais, entre outras cousas).
A verdade, coma crítica constructiva pregúntome por que un blogue que se define coma anarquista e que difunde as novas autónomas e fai apoloxía das mesmas, logo é quen de publicar as convocatorias desta clase de lixo "anarco"-sindicalisto.
Que pensarán as compas encarceladas cando vexan ás súas compañeiras de fora difundindo convocatorias dun deses sindicatos que teñen carceleiros nas súas filas?...
sendo eu umha das pessoas que publica com certa regularidade neste blogue, nom podo mais que dizer que neste caso eu concordo com case tuda a crítica do comentarista anónimo (eu nom vejo apológia algumha), e nom entendo essa deriva em anunciar as marchas, concentraçons e convocatórias dos sindicatos que se chamam anarquistas, tanto seja da CGT como da CNT (quem também recebeu vários milhons de € do estado baixo a epígrafe de "déveda histórica").
ResponderEliminarpor certo, recomendo este aporte ao respeito do património histórico e subvençons da CNT
ResponderEliminarhttp://old.kaosenlared.net/noticia/publicada-respuesta-sut-escrito-cnt
Pois eu fun quen subiu a convocatoria e non precisamente por considerarme afín á devandita organización, nin a calquera outra. Considero que se este é un blog anarquista galego, non está de máis colgar aquelas convocatorias que nos envían ao correo persoas, grupos ou organizacións que se din libertarias e de Galiza, independentemente da afinidade que eu poida ter con estas (que, no meu caso, co sindicalismo, non é moita). Non é a miña intención repartir carnés de anarquista e non creo que o feito de subir ao blog unha convocatoria que nos envían ao correo nos converta en valedores desta (máis alá da asunción de que nos encontramos todos nos amplos e difusos confíns do espectro antiautoritario); do mesmo modo que cando aquí se colga un texto de opinión, ou se dá conta da reivindicación dunha acción, en modo algún significa que o blog asuma as posicións que delas se deriven.
ResponderEliminarSe mal non recordo, o asunto viña a ser algo así como: noticias anarquistas galegas, noticias anarquistas de fóra para galegos e noticias galegas para anarquistas de fóra.
Se alguén quere colgar unha noticia sobre os carcereiros da CGT; ou sobre os despidos por eles firmados; ou, coma no caso de arriba, sobre o patrimonio historico da CNT; ou sobre coma un xuiz repartiu as siglas entre as dúas anarcosindicais, a min non só me parece perfecto, se non sumamente interesante para o debate.
Penso que o caracter anarquista, autónomo e revolucionario deste blog non queda empañado por subir convocatorias (do espectro libertario ou antiautoritario) enviadas ao noso correo; aínda que, evidentemente, a redacción deste blog non comulgue con elas.
Pero bueno, xa falaremos de todo isto en lugares máis apropiados.
B.
concordo totalmente con edu
ResponderEliminara CGT non é unha organización antiautoritaria
ResponderEliminarSon a persoa que fixo o primeiro comentario. E lamento disentir co terceiro comentario... o voso blogue, as vosas normas, ollo, pero penso que dar bombo a organizacións coma CGT non atopa xustificación nin sequera neses principios de funcionamento que explicas, que por outra banda, me parecen totalmente respetables e o motivo o atopas no comentario anterior a este. Acaso poñer a etiquetaxe "anarco" te convirte per se nunha organización anti-autoritaria, ainda que despois pases polo forro a meirande parte dos fundamentos mais básicos de toda organización ou individualidade anarquista?, eu penso que non.
ResponderEliminarEn calquera caso, se CGT quere rematar co Capital, por que carallo non comeza por acabar consigo mesma?.
Non me extendo mais e non pretendo xerar debate algún, ollo. Coma ben dis, este non é o lugar axeitado para ter esta conversa.
Moi ben, Edu, moi ben. Sentemos por princípio que a min a CGT e a CNT dan-me bastante igual.
ResponderEliminarA CGT ten subvencións do Estado, nunca o negou e non leva facendo outra cousa que piruetas dialécticas para xustificarse nesta posición. PEro polo menos nesta posición é pública, transparente e abertamente criticábel por ti e por min.
A CNT recebeu subvencións pola FAL, iso tamén é publico, notório transparente e abertamente criticábel por ti e por min, e nen sequera é o peor. PEor é ter a várias persoas contratadas como bolseiros multiplicando a explotación laboral á que son submetidos pola súa própria organización. Creo, aínda así, que neste momento nen hai esas subvencións. O tema do património é ben diferente do que queira dicer un grupo calquera autodenominado de traballadores. Só un parvo ou un canalla lle chamaría subvención á devolución dun roubo, pero tamén, outra vez, polo menos é público e transparente e abertamente criticábel por ti e por min.
SEn embargo, podiamos falar das subvencións encubertas que recebeu aquel rollito guai no que estabas para ir de okupa de aluguel, pola vía da constituición dunha fundación máis falsa que Dios Bendito. Iso si, a pureza de boca, a brancura simbólica, perfectamente guardada na artimaña legal, no rebúmbio do despacho, na ocultación para que nen ti nen eu poidamos criticar esas subvencións porque ese comportamento nen era público nen transparente nen polo tanto criticábel.
A dar leccións ao indymedia, se queres. Pureza, poucas, mellor nengunha. Lembra, ARAXEA.
Vaia!! Agora vai ser um culpável do que outras fam!! Araxea era umha asociaçom pantasma da Casa Encantada para solicitar actividades culturais na rua e mesmo aproveitada para nom paga-lo IVE no aluguer por ser umha Asociaçom sem Ánimo de lucro. Se tu sabes que houvo subvençons do estado, concordo em denuncia-lo (é a minha primeira notícia ao respeito e se é certa, sinto-me enganado). Mas do único delito do que me fago responsável foi de apostar por seguir a participar com a Rádio Kalimera no projecto Casa Encantada 2 (que derivou em fracaso e maus rolhos), por certo a kalimera nunca tivo asociaçom pantasma algumha, e muitos menos bolseiros (nesse snetido eu nunca foi parte de PreSOS) e como tal pagamos mensualmente umha boa parte do aluguer do total da Casa (com aportaçons pessoais, quotas, festas e merchadisin). depois fumos para a Gentalha (e seguimos a paga-lo aluguer, e desconheço se a gentalha recebe subvençom algumha. Tenho moi limpa a minha consciência no que a quartos se refire, e ninguém desde o anonimato vai fazer melha em mim por isso, pois em tudos quantos projectos participei e participo, tivem e sego a ter, que apoquinar os meus bos quartos (e se alguém opina o contrário que o demonstre).
ResponderEliminarÉ claro que sintes-te ofendida e nom me crio isso de que a CNT e A CGT patatim patatám, a minha cara anónima, mas nom fire quem quere senom quem pode.
O de considerar os milhons recebedos pola CNT mais de 70 anos depois como devoluçom dum roubo (quando já morrerom todos os que forom roubados) é pura justificaçom do injustificável (nas páginas da CNT nom se fai mençom algumha de receber todos esses milhons de quartos e por algo será, mesmo semelha que seguem a espera deles: http://www.cnt.es/faq#patrisindi tampoucio se di nada das operaçons bursatis ao que jogam com esses milhons). Poida que sejas tu quem deveras voltar ao indymerda.
Este rumbo que está tomando Abordaxe es incomprensible, no sé a que se debe la publicación de este tipo de convocatorias de sindicatos amarillos. Y la justificación de quién decidió publicarlo es bastante irrisoria
ResponderEliminar