18 may 2012

IX Xornadas Anarquistas- Compostela (do 22 de maio ao 10 de xunho)


[bibliotecanarquista.blogspot.com]

As charlas serán apartir das 20:30h na Biblioteca anarquista Ghavilla en Compostela (rua ponte rainha 8)


Programa das xornadas

MARTES 22 DE MAIO; Presentación do libro "Drogas ¿unha opción persoal?"

Libro recentemente publicado por Distrimaligna. Contaremos cun companheiro desta distribuidora anarquista para presentar o libro e debatir sobre un tema de índole social como é o das drogas

VENRES 25 DE MAIO; Charla: 3 de Marzo de 1976, masacre en Vitoria

Dende Vitoria virán dous testigos das loitas obreiras asemblearias daquel momento, brutalmente reprimidas pola policia. Auténtica masacre onde resultaron 4 persoas mortas e máis de 50 feridas de bala.

XOVES 31 DE MAIO; Charla: Realidade carcelaria nas últimas décadas

A cargo de Javi de Ávila, actualmente en terceiro grao penitenciario, que participou en todas as loitas dxs presxs pola sua dignidade, dende a COPEL.

VENRES 1 DE XUNHO; Debate: anarquismo e liberación nacional

Cunha introducción previa dende un punto de vista histórico e actual no mundo e en particular na Galiza.

VENRES 8 DE XUNHO; Charla sobre a escola livre Ruka Inche (Chile) e video "De la cuna a la cárcel... por ser pobre"

Un compañeiro Chileno que traballa actualmente na escola Ruka Inche nos contará como naceu o proxecto e a sua situación actual.

SÁBADO 9 DE XUNHO; Coloquio con A. M. Bonanno

Anarquista italiano que adicou toda unha vida á difusión dun proxecto revolucionario insurreccional. Redactor de varios publicacións libertarias, polas que tivo constantes condeas por "propaganda subversiva", e autor de numerosos libros, entre outros Gioia Armata, prohibido en Italia e polo cual pagou 9 meses en prisión.

DOMINGO 10 DE XUNHO; Roteiro histórico polos CC. SS. okupados da cidade de Compostela. Saída dende a Sala Iago (rúa do vilar) ás 12h

2 comentarios:

  1. Está Bonnano por el estado español?

    ResponderEliminar
  2. umha boa programaçom. Há que reconhecer que cada ano as jornadas ácratas picheleiras nom deijam de surprender.

    Parabéns

    ResponderEliminar