A subdelegación do goberno atribúe ao ámbito do grupo independentista "Resistencia Galega" a colocación dun artefacto explosivo colocado na madrugada do pasado luns na porta da sede do Partido Popular no municipio Pontevedrés de Meis. A bomba,que non estoupou debido a un fallo no seu temporizador, foi desactivada polos artificieiros durante a mañá do luns. Ao parecer, estaba composta por unha pota a presión cargada con máis de tres quilos de polvora, o que lle confería unha potencia considerable aínda que carecía de metralla.
A prensa comercial, de onde tiramos a maior parte da información para redactar esta nova, ofreceu primeiro o dato de que o temporizador do artefacto estaba programado para as tres da mañá, para logo asegurar que sería ás nove a hora na que o explosivo debía ter estoupado. Non nos estrañaría que este cambio da hora en que estaba prevista a detonación respondese á intención de criminalizar aínda máis os autores do atentado, posto que ás nove da mañá a explosión podería ter causado vítimas. No mesmo senso, a prensa comercial informa de que o edificio que alberga no seu baixo a mencionada sede do PP está habitado nas súas plantas superiores, mentres que na páxina independentista de contrainformación "Galiza Livre" aseguran o contrario (aquí).
C.R.
9 may 2012
Desactivan unha potente bomba fronte a séde do PP de Meis (Pontevedra)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario