Nos dous próximos fins de semana poderedes asistir a senllas imprescindibles charlas no C.S.O.A. Palavea (Rúa Rio de Quintas 31, A Coruña, na N-550 ao lado de Oh! Coruña):
Este sábado sobre os tráxicos acontecementos derivados das folgas salvaxes e autónomas que sacudiron Vitoria entre xaneiro e marzo de 1976 e que remataron nun masacre perpetrado pola policía. Fraga, ministro do interior por aqueles entón e responsable directo das mortes, diría pouco máis tarde a súa famosa frase "la calle es mia".
O seguinte venres unha testemuña de excepción das loitas carcerarias dos últimos 20 anos, dende a CO.P.E.L., máis adiante a A.P.R.E. e ata chegar aos nosos días, compartirá connosco os testemuños dunha vida de loita contra a institución carceraria.
A ambas as dúas charlas poderase asistir tamén en Santiago de Compostela inscritas nas IX Xornadas Anarquistas (noticia neste blog aquí).
As charlas na Coruña serían do seguinte modo:
- Sábado 26 ás 20:30, charla: "3 de Marzo, masacre en Vitoria" Dende Vitoria virán dous testigos das loitas obreiras asamblearias do momento, brutalmente reprimidas pola policía. Autentica masacre onde resultaron 4 persoas mortas e máis de 50 feridas de bala.
-Venres 1 ás 19:30, charla: "Realidade carcelaria nas últimas décadas" A cargo de Javi de Ávila, actualmente en terceiro grao penitenciario, que participou en todas as loitas dxs presos pola súa dignidade, dende a COPEL ata os nosos días.
Blog do C.S.O. Palavea aquí.
23 may 2012
Charlas en Coruña: Vitoria 76 e realidade carceraria
Etiquetas:
autonomismo obreiro,
carcel,
charla,
compostela,
convocatorias,
coruña,
Presos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario