Un comunicado enviado ao diario Italiano "Corriere della Sera" reivindicou en nome do "Grupo Olga FAI/FRI" o atentado contra o conselleiro delegado da compañía Ansaldo Nucleare, Roberto Adinolfi.
Dúas persoas a bordo dunha motocicleta realizaron tres disparos en dirección ás pernas do responsable nuclear o pasado luns, cando este saía da súa casa en Genova acompañado polo seu fillo de vinte anos. Aínda que tiveron que operalo por fractura de tibia o seu estado non é grave e xa saiu do hospital, pero montado nunha cadeira de rodas.
Adinolfi, de 53 anos, é unha figura significativa de Ansaldo Nucleare, compañía filial de Ansaldo Energía, que á súa vez pertence ao grupo aeroespacial e de tecnoloxía Finmeccanica, que foi ameazado no comunicado da Federación Anarquista Informal con novos atentados.
Os grupos italianos da FAI/FRI responsabilizáronse nos últimos anos de numerosas accións , por citar só algunhas das máis espectaculares: o envío de paquetes explosivos ás embaixadas de Suíza e Chile, ao director xeral en Roma da oficina de recadación de impostos, ao presidente do Deutsche Bank en Fráncfort (este foi interceptado, ao contrario que os anteriores que feriron os seus destinatarios) e numerosos ataques contra sedes oficiais e empresariais.
O procedemento do disparo na perna como castigo non letal foi moi utilizado polos grupos revolucionarios dos anos setenta en diversos países europeos (Italia, Alemaña...), aínda que ultimamente caera en desuso. Semella que hai cousas que nunca pasan completamente de moda.
Noticia elaborada por C.R., sobre todo con información da prensa comercial, aínda que podedes atopar máis información nos seguintes enlaces a páxinas contrainformativas (en diversos idiomas):
-Culmine (aquí e aquí)
-Contrainfo (aquí)
-La rebelión de las palabras (aquí)
14 may 2012
Anarquistas reivindican os disparos contra dirixente de empresa nuclear en Italia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario