20 abr 2012

Sobre as recentes detencións en Chile

Publicavamos este martes pasado neste mesmo blogue unha noticia chegada ao noso correo electrónico que informaba sobre a detención de dúas persoas cando supostamente se dirixían a colocar unha bomba; agora recebemos tambén no noso correio este comunicado (que colamos e traducimos) ao respeito destas detencións onde faise un chamado ao compromiso solidario revolucionario:

O luns pola mañá, unha triste noticia chegou ata nós. A compañeira Carla Verdugo e o compañeiro Iván Silva foran detidxs durante a madrugada por carabineiros en Chile, os cales encontraron materiais explosivos mentres requisaban as súas pertenzas. Todo isto sucedía o mesmo día en que se iniciaban novas audiencias en contra dos nosos compañeiros Juan Aliste, Freddy Fuentevilla e Marcelo Villarroel.

Algunhas horas despois, comezaron os allanamentos de rigor, e a nosa compañeira Carla foi trasladada entón da comisaria 13 ata o Centro de Orientación Feminina (C.O.F.), e o compañeiro Iván, secuestrado en Santiago 1. Ambos os dous continúan hoxe en prisión por un prazo mínimo de 100 días, acusadxs de "colocación de artefacto explosivo de carácter terrorista en grao de frustrado", segundo a linguaxe do inimigo.

Mentres o ministro do interior chileno Hinzpeter se regocixaba coa detención dándonos real e profundo noxo, a fiscalía e a prensa intentaban construír vínculos con outrxs imputadxs baixo a lei anti-terrorista, para agravar a situación dxs compas no sentido xudicial. As probas, como de costume, son absurdas (cartas, libros, afiches, ata un bono solidario).

Non obstante, non é aquí onde queremos deternos. Cremos que pola contra, a atención debe estar posta en solidarizar de xeito concreto e directo, e é iso o que queremos puntualizar. Máis alá das estratexias, linguaxes, e realidades de cada compañeirx que asume e actua nesta guerra, sentímonos orgullosxs polas prácticas e a coraxe dxs nosxs. É algo que asumimos e do que xamais imos arrepentirnos.

Entón, con este breve comunicado, no cal non entrarían nunca todas as nosas sensacións nun momento como este, pretendemos incitar a asumir un compromiso, que pase da simple mención ou da axuda básica, falamos do compromiso solidario revolucionario, do compromiso de estender e agudizar o conflito latente, tamén de difundir esta información entre xs diversxs compañeirxs presxs, que se organizan e non agachan a cabeza ante os embates da autoridade.

Iremos informando segundo haxa mais novidades, pero os feitos son concretos, e non fai falta moito máis que iso para que cada conciencia rebelde saiba o que ten que facer.

Dende a Rede de Apoio a Freddy, Marcelo e Juan, saudamos e enviamos toda a nosa forza a Carla e Iván.

Compañeirxs: Non están sós!
Só a loita fainos libres!
Mentres exista miseria, haberá rebelión!


Mais información no blogue http://freddymarcelojuan.noblogs.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario