18 abr 2012

Deu comezo a preparación do xuízo oral contra o compañeiro Luciano "Tortuga" [Chile]


Achegamos un pouco de información sobre o proceso xudicial contra o compañeiro Luciano, tirada de liberaciontotal.lahaine.org

O día 11 de Abril, a audiencia para a preparación do xuizo oral deu comezo. Realizouse no 7°xulgado de Garantía de Santiago, ubicado no Centro de Xustiza.
A preparación do Xuizo oral é a instancia legal onde a Fiscalía presenta as súas probas e testemuñas. O que tamén debe facer a defensa posteriormente. É nese momento onde un xuíz determina que probas ou testemuñas son retiradas.

Cerca das 10:00 hrs. deu comezo a audiencia onde Fiscalía Sur, representada polo fiscal Raúl Guzman, repasou as probas.
Entre as probas presentadas pola Fiscalía, o xuíz Darwin Bratti rexeitou uns documentos que aludían ´xs 5 compañeirxs que aínda continúan en xuízo polo denominado “caso bombas”, declarándo as probas como “impertinentes” ao non gardar relación con os cargos presentados contra Luciano. Un claro exemplo de como o fiscal Raúl Guzmán (que é o actual encargado de todas as investigacións por bombazos en Chile) pretende relacionar ambos procesos xudiciais.

O abogado de Luciano, Carlos Mora, presentou unha reclamación pola “abundancia de testemuñas” presentadas pola Fiscalía, entre elxs traballadorxs e clientes do banco, que según palabras do Fiscal Guzmán:“ éstos testigos van a dar cuenta de la conmoción que provocó la colocación de este artefacto explosivo en una sucursal bancaria”.
Declaracións coas que a fiscalía procura afirmar a necesidade de aplicar a Lei Antiterrorista.

Probablemente as testemuñas declararán o “temor que sentiron” durmindo nas súas casas a kilometros do banco, cando eran as 2:20 da madrugada do mércores 1 de Xuño do 2011. Momentos nos que o banco Santander estaba valeiro.
Esa é unha das razóns polas que a maioría das accións de sabotaxe con bombas ocorren na madrugada e os grupos que realizan estes ataques en varios dos seus comunicados evidencian as medidas de seguridade para que xs transeúntes non resulten feridxs.

O abogado Carlos Mora, tamén indicou que a peritaxe que faltaba xa estaba lista e que con ela pretende demostrar que isto non constitúe un delito terrorista porque o explosivo tiña pouca capacidade de facer dano.

A preparación do xuízo oral continuará durante os próximos dias, áta que sexan revisadas todas as probas, testemuñas e peritaxes, para despois concretar a data definitiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario