20 mar. 2012

Recordatorio do Xantador pro-presos do C.S.O. Palavea (Coruña)

Lembramos que desde hai xa máis dun mes tódolos mércores disfrutamos dos suculentos xantadores veganos en apoio as persoas presas no Centro social Okupado de Palavea (rúa Río Quintas 31, N-550 xunto a discoteca OH Coruña). Así que todos os mércores, a iso das 14:30 horas, comida solidaria cos represaliados do sistema e os seus conseguintes debates informais anti-represivos de sobremesa.
Nesta vindeira cita gastronómico-solidaria decidiremos o destino do bote recaudado ata o de agora. As propostas son: para presxs sen papeis ou para presxs en loita.

Como non todo vai ser protestar ¡desta vez loitaremos comendo!
¡Arriba os garfos!¡Abaixo os muros!

Blog do C.S.O. Palavea: http://okupacorunha.wordpress.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario