31 mar. 2012

Nova Okupa en Coruña: C.S.O. "A Moura"

Un novo espazo foi recuperado na Coruña das garras da especulación urbanística. O Centro Social Okupado "A Moura", aínda que todavía nas súas primeiras fases de acondicionamento e adaptación ao barrio, xa comezou a súa andaina. Polo de agora funciona únicamente coma vivenda, pero en breve prazo iniciará a súa actividade de Centro Social.
A Okupa, un edificio de 131 vivendas con máis de 20.000 metros cadrados en total, atópase na avenida de Finisterre pasada a gasolineira en dirección Meicende. É propiedade na súa maioría de "Caja España", tras da quebra de "Tecomsa" na fase final da construcción do inmobre, aínda que 50 familias pagan mensualmente as cuotas e comparten a propiedade co banco. Os okupas aseguraron que non marcharan da casa ata que lles sexa devolta aos propietarios.
Pese a que o trato coa veciñanza e con varios dos propietarios é bo, e a que a presenza dos okupas freou os continuos roubos de material no edificio, a prensa comercial comezou o seu labor de desprestixio asegurando que os donos dos pisos piden o seu inmediato desaloxo.
Semella que o movemento okupa continua cobrando forza por estas terras galegas, e, como alguén proféticamente escribiu no muro da desaloxada Casa das Atochas, isto só é o comezo...
C.R.


No hay comentarios:

Publicar un comentario