Segundo reivindica un comunicado aparecido hoxe en Indymedia galiza e asinado como "anarquistas contra as cadeas", activistas anticarcelarios tinguiron de vermello a auga de varias fontes da cidade de A Coruña. Ó parecer a acción estaría relacionada coa campaña contra a tortura e os malos tratos nas prisións que desenvolven 70 presxs de todo o estado con, entre outras cousas, xaxúns e chapeos os días 1 e 15 de cada mes( máis info relacionada con esta campaña aquí neste blog; e aquí no "Boletín Tokata").
Os nosos "reporteiros" atoparon algunha desas fontes das que adxuntamos fotos. Tamén puideron comprobar que nalgunhas pontes da cidade penduraban faixas con consignas relativas a dita campaña.
A continuación reproducimos o comunicado publicado no CMI Galiza:
Varias fontes da cidade da Coruña amaneceron hoxe, día 1 de marzo, tinguidas de vermello en solidariedade cos máis de 50 presxs en loita contra as torturas e os malos tratos nas cadeas do estado español. Xunto a elas puxemos "CÁRCERE=TORTURA" para romper os muros de impunidade que gardan estes modernos centros de exterminio encuberto, e que invisibilizan o constante abuso de autoridade.
Xa que eles alonxan os cárceres alá onde ninguén poida velos, nos achegaremos o sangue dxs presxs ata onde salpique ás limpas conciencias dxs cidadáns.
Anarquistas contra as cadeas.
1 mar 2012
Accións en solidariedade cos presxs en loita (A Coruña)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Noticia en El Ideal Gallego:
ResponderEliminarhttp://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/tinen-de-rojo-el-agua-de-las-fuentes-de-los-surfistas-y-del-palacio-de-la-opera/20120302000132025812.html
http://pt.indymedia.org/conteudo/newswire/6865
ResponderEliminar