9 mar 2012

9 e 10 de marzo: Xornadas SOS Laciana e Toma la Tierra na Galiza

En Compostela este venres 9 de marzo as 18 horas na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla", e en A Coruña o sábado às 17, no CSOA Palavea organizado por compas do proxecto en cernes "Toma La Tierra" (Rede estatal de coordinación e difusión de luitas pola terra), haberá esta palestra onde compas da luita ofrecerán unha análise da problemática e das últimas novas deste val leonés de Laciana que leva sufrindo a ilegal mineiría de carbón a ceo aberto dende vai 27 anos.

Unha paraxe protexida destruída, o oso e o urogalo en perigo, contaminación de augas, conflicto social e agresións a todo aquel que plante cara ao cacique do carbón: Victorino Alonso.

Mais información na sua páxina web http://www.soslaciana.org

Cabe sinalar que se ben no cartaz figura que a palestra en Compostela vai ser no CSO Casa do Vento, esta celebrara-se na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" debido a problemas estructurais no CSO Casa do Vento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario