9 feb 2012

Este sábado no C.S.O. Palavea xantador solidario coa Sala Yago + Concerto Rap (A Coruña)


Xa falamos neste blog do concerto de "MENTENGUERRA" e de "LA PALABRA Y EL FUEGO" deste sábado no Centro Social Okupado de Palavea, ( cuios beneficios destinaranse a fins antirrepresivos). Pois agora a esta convocatoria súmaselle a dun xantador vegano previo e máis un pase de videos destinado a sufragar as multas dos detidos da sala Yago. Deste xeito quedanos un sábado solidario e completito para aqueles que queiramos pasarnos pola okupa coruñesa a comer, bailar e apoiar causas antirrepresivas (o centro social atópase na rúa Río Quintas 31, N-550 ó carón da discoteca OH! Coruña).
Vémonos alí!



Blog da okupa:http://okupacorunha.wordpress.com/

1 comentario:

  1. Dende a comarca de Compostela chega o disco que conmemora 11 anos de andaina do colectivo HipHop Ateneu. No disco atopamos á maioría dos seus membros e algunhas colaboracións de luxo repartidos en 10 cortes que serven para achegarte á historia e á filosofía desta crew, totalmente anticomercial e autoxestionaria. Recomendamos escoitar, copiar, compartir, difundir, criticar...

    descargao gratis en:

    http://hiphopateneu.blogspot.com.es/p/musica_1521.html

    ResponderEliminar