11 feb 2012

Dous días de folga xeral en Grecia


Hoxe transcorre o segundo día da folga xeral grega. Mentres que os sindicatos oficiais chamaron únicamente ó paro para o venres e o sábado, os sindicatos de base, movementos sociais e outros grupos e individuos combativos comezaron as mobilizacións o xoves e non pensan rematalas ata o domingo, bloqueando o parlamento nun intento de impedir a aprobación dun novo paquete de medidas de austeridade.
Como xa é a tónica xeral nestes casos no pais heleno, as manifestacións de onte, aínda que menos numerosas que o previsto, estiveron marcadas por fortes enfrontamentos coas forzas represivas, con profusión de gases lacrimóxenos e cocteles molotov.
Os grupos anarquistas e antiautoritarios ocuparon dende o xoves a facultade de dereito de Atenas como "centro de loita e contrainformación", mentres que o ministerio de sanidade foi ocupado por traballadores do sector. Outros concellos e edificios públicos ou corporativos sufriron ocupacións por parte dos folguistas en diversas cidades do territorio grego.
Ademais dos habituais choques entre manifestantes e policías, un grupo fascista foi apaleado despois de atacar a vendedores ambulantes paquistanís.
Dentro das prisións, tanto masculinas coma femininas, tamén rexístranse protestas.
Hoxe continúa o calendario de mobilizacións que remataran mañá no bloqueo do parlamento.

Info extraída das páxinas contrainformativas:
-Contrainfo, a folga minuto a minuto: aquí e aquí.
-Verba Volant: aquí e aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario