13 feb 2012

Arde Atenas na aprobación do novo “plan de rescate”


O parlamento grego aprobaba onte o novo paquete de medidas de austeridade subscrito pola banca internacional, a través do FMI e a Unión Europea, no medio dos máis violentos disturbios acontecidos no país dende decembro do 2008.
Entre 80.000 e 500.000 manifestantes, segundo a quen llo preguntes, achegáronse o domingo á praza Sintagma para protestar contra os recortes sociais que nese intre aprobaban os dous partidos maioritarios con máis de dous tercios da representación da cámara. Os choques entre a policía antidisturbios e a encolerizada multitude chegaron a tal punto que as forzas represivas casi esgotaron as súas reservas de gas lacrimóxeno. A prensa comercial fala de que 40 policías dos 5.000 despregados resultaron feridos,dous deles de gravedade. Tamén falan de 50 arrestos (con cargos formais, polo de agora, para 23 persoas) e de 54 hospitalizados .
A lo menos 17 edificios foron pasto das lapas, na súa maioría bancos, pero tamén cafeterías Starbucks, outras multinacionais ou tendas de luxo e algún cine. Continuaron as ocupacions de edificios públicos iniciadas nos días anteriores, aínda que a policía frustrou a ocupación do concello ateniense, e atacouse un club de maderos e a comisaria do bairro de Eksárjia.
Durante esta madrugada aínda rexistrábanse enfrontamentos.
Noutros lugares do estado grego, aínda que de menor envergadura, tamén producíronse protestas, ocupacións e ataques incendiarios.
Anonymous tumbou as páxinas da policía e do ministerio de interior gregos.

Nova elaborada con información de Verba Volant (aquí) e da prensa comercial.

2 comentarios:

  1. Um grito sincero de liberdade ecoa por toda a Grécia: miséria ou revolução!

    DEVEMOS DESTRUIR O EXISTENTE

    Analise (vídeos e fotos) do acontecido nos dias de greve em ContraInfo:
    http://pt.contrainfo.espiv.net/2012/02/14/um-grito-sincero-de-liberdade-ecoa-por-toda-a-grecia-miseria-ou-revolucao/?pid=43&pageid=4375

    ResponderEliminar
  2. Eu persoalmente atopo preocupante o respaldo que xs do KKE teñen no pobo grego. Na xornada de greve do domingo, en Heraklión (Creta), a manifestación estuvo prácticamente tomada por elxs, xa que a inmensa maioría eran do KKE e/ou do PAME e polo que compañeirxs alí residentes me comentaron, xs anarquistas apenas chegaban a mil...

    O KKE aproveita estas situacións para poñer o disfraz de revolucionario e sacar rédito político, e o está conseguindo. Esperemos que non sexa tarde.

    SOLIDARIDADE COMPAÑEIRXS GREGXS!

    ResponderEliminar