Un pequeno grupo duns vinte solidarios desprazouse ó xulgado de Betanzos na mañán de este 1 de Febreiro, en pleno feirón betanceiro, para visibilizar con faixas e panfletos a loita dos presos contra os malos tratos e as torturas nas cadeas. Este é o xulgado que lle corresponde ó cárcere de Teixeiro, onde atópanse a maior parte dos presos adheridos en galiza a esta campaña estatal contra a brutalidade da institución carceraria. Campaña que cristaliza nos días un e quince de cada mes con "chapeos" e xexúns dentro das prisións e con actividades de visibilización dende fora dos talegos. A solidaridade dos que estamos fora é imprescindible pois sen ela a sociedade é totalmente allea ó que ocorre tras dos muros.
A concentración transcorreu sen incidentes e repartíronse abundantes panfletos entre os numerosos transeúntes que desafiaron á choiva para acudir ó feirón betanceiro. Pese a que a varios dos asistentes os identificou a garda civil, aseguráronlles que desta vez non haberá sancións (aínda que, tal e como están as cousas, vai tí a saber).
Máis info da campaña neste blog aquí e aquí.
C.R.
2 feb 2012
Concentración no xulgado de Betanzos contra a tortura nas cadeas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
En Pontevedra tambien hubo visita de unxs activistas que irrumpieron la tranquilidad de las oficinas del juzgado de vigilancia penitenciaria.
ResponderEliminarCARCEL=TORTURA