15/1/2012

Xornadas 3º aniversario do C.S.O. A Casa da Estación (Pontedeume)


Aquí tedes a programación das xornadas de aniversario que, o vindeiro fin de semana, celébranse no C.S.O. A Casa da Esteción, a okupa de Pontedeume:

Venres 20 de xaneiro
19:30h: Palestra sobre a represión nos movementos socias e sobre dereito e okupación (falará o compañeiro Fran del Buey, membro do colectivo Presos Galiza e okupa na Casa Encantada de Compostela).
22:30h: 1º Campionato de fubolín con agasallo dun lote de cds e libros para xs gañadorxs.
22:30h en adiante: sesión de pintxa discos.

Sábado 21 de xaneiro
11:30h: Cociñaremos o xantar.
14:30h: Xantador vegán gratuíto.
17:30h: Xuntanza de okupas e radios libres na que intentaremos reflexionar sobre a actual situación da okupación na Galiza e diferentes formas de colaborar e organizarse.
22:00h: Concertos:
BITXO BOLA (cantautor punk)
BULLDOZERS (Ferrol, versións heavy metal)
THE BROSSAS (Burela punk rock)
TRAZOS (Coruña punk rock)
entrada de balde

Blog da casa da estación:
http://csocasadaestacion.blogspot.com/
E o seu myspace:
http://www.myspace.com/csoacasadaestacion/

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada