[a continuación reproducimos un texto atopado con motivo da manifestación contra a incineradora no Irixo mañá, sábado 7 ás 16h.(http://www.incineradoranoirixonon.es/?p=191)]
"É verdade, só hai que achegarse a Cerceda, para ver o resultado da xestión do lixo, unha espectacular montaña de merda e residuos tóxicos procedentes da incineradora. ¿Como teñen a coraxe para chamarlle a iso reciclaxe?
Está claro que a xeración de lixo non é un problema doado de solucionar, a tolemia consumista á que chegou a nosa sociedade capitalista parece non ter límites; pero dende logo só a un bombeiro retirado se lle ocorre que a solución pode ser unha megaincineradora e soterrar a merda restante. Outros modelos moito menos agresivos co medio como as compostadoras (como a de Lousame) dan moito mellor resultado e evitan converter a comarca nunha zona cero.
Valéndose da escusa da crise, os políticos falan de postos de traballo, de progreso e demais trapalladas. Estes merdeiros aproveitan a que estamos mortos de fame para tentar dividirnos e confundirnos, pero a verdade é que a merda nunca xerará riqueza. O que sí que lles xera riqueza son as súas subcontratas, orzamentos e proxectos cos que enchen o peto cos nosos cartos. Por iso temos que loitar, e loitaremos non só porque non construan esta incineradora no Irixo, senon tamén para que non a fagan en ningún lado. Así extenderemos a loita ás outras comarcas da terra, que ao fin e ao cabo tamén lles afecta, non esquezades que a choiva de Cerceda cae máis de 100 días ao ano en parroquias non tan alonxadas de Sogama. A solidariedade é a arma dos pobos contra os poderosos, é a hora de usala. Pode que eles se poñan tontos, non quererán permitir que un puñado de viciños lles leve a contraria, e teñen poder, e teñen matóns (chamados policías), e teñen maquinaria...
Por iso non podemos limitarnos a unha única forma de loita ou estaremos condeados a perder a batalla. Dende sempre os oprimidos temos armas contra os opresores como a solidaridade, a imaxinación, a sabotaxe, a folga e o boicot. Os bloqueos ás obras é outra forma de loita que deu moi bo resultado noutros conflictos. Loitemos sen medo e gañaremos.
¡Vivan os viciños do Irixo! ¡Abaixo os merdeiros da Xunta!
Fdo: Anarquistas solidarios co Irixo"
6 ene 2012
Sogama cheira mal!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario