14 ene 2012

Protestas dos carceleiros cataláns lesionan os dereitos dos presos


Onte, os carceleiros de varias prisións catalanas abandonaban os bloqueos que mantiñan sobre varias cadeas en demanda de melloras laborais. ¿En que consisitían as protestas de tan nefasto colectivo profesional? Pois nada máis e nada menos que en bloquear as entradas ós cárceres, impedindo os cambios de turno, as conduccións ós xulgados ou as visitas dos familiares.
Un puidera pensar que, xa que a súa reclamación é cara o goberno e a administración, fose nesa dirección na que orientasen as súas protestas. Pero non, estes cobardes lacaios, borrachos de abuso de poder, prefiren tomar coma reféns ós indefensos presos e utilizalos coma palanca e moeda da cambio no seu pulso ás institucións. Pois, evidentemente, os máis perxudicados con este esperpento de protesta laboral son os internos dos cinco presidios bloqueados que, nos casos de Brians 1 e 2, non puideron nin saír ó patio en máis de 24 horas, tendo que xantar e almorzar dentro das súas celas. Os presos tampouco puideron saír ós xulgados (cousa, nun principio, menos preocupante), pero tamén ficaron impedidos de comunicar cos seus familiares e amigos durante o tempo que durou a protesta.
A negociación continúa e os sindicatos dos carceleiros ameazan con novas mobilizacións. A ver se nista ocasión protestan ceivando ós presos no canto de mantelos pechados aínda máis do que é tristemente habitual.

Nova elaborada con información de diversos medios da prensa empresarial.

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario