18 ene 2012

Protesta contra o trato mediático á morte de Fraga remata cun sancionado en A Coruña.


Baixo o lema “Nom choramos a Fraga. Bailaremos sobre a súa tumba”, preto dunha centena de persoas concentráronse onte, en réxime de “autoconvocatoria”, no Obelisco da Coruña. Un impresionante dispositivo policial aturou durante algo máis de media hora as mostras de xúbilo e os brindis con cava dos participantes, que pretendían amosar a súa disconformidade co trato que a figura do ministro franquista, reconvertido a demócrata de toda a vida, recibe póstumamente dos medios de comunicación. Pois a amnesia mediática do pasado ultra deste energúmeno, da súa responsabilidade represiva como ministro fascista e da súa incondicional adhesión ó levantamento do 36, pretende facernos comulgar a toda a cidadanía cas rodas de molino da reinvención da historia a cargo dos poderosos.
Apenas pasaba media hora do inicio da protesta cando o xefe dos antidisturbios ameazou con sancionar a tódolos presentes senon remataban coa “concentración ilegal” en menos de cinco minutos. Pese a que xa se recollera a pancarta e a que moitos dos manifestantes comenzaban a marchar, o dispositivo policial rodeou ós concentrados, impedindo o paso dos que xa se estaban retirando, e comezou a identificar ós participantes. Outra longa media hora tardaron os madeiros en rexistrar e identificar a un dos presentes que, finalmente, e sempre segundo o dito polo encargado do dispositivo represivo, será o único sancionado por unha falta de desobediencia .

As mostras de desagrado ante o baboso “peloteo” institucional e mediático, así como de xúbilo ante o tardío falecemento de tan destacado fascista galego, non son exclusivas da cidade herculina, pois Ourense, Santiago e Vigo (onde, baixo o título de “Fragasaurus fest”, fixéronse concertos e numerosas celebracións) rexistraron diversos actos “antifraguistas”, incluso en Barcelona, onde máis de catrocentas persoas marcharon polas rúas ata a sede do PP.

Tamén en Vigo, e noutra orde de cousas aínda que dentro do "antifascismo", unha veintena de independentistas reventaron un acto da fundación Francisco Franco en memoria do dictador celebrado no Club Faro de Vigo.

A información dos dous últimos parágrafos a collemos de “Galizalivre” (as novas nesa páxina web aquí e aquí). O resto o soubemos por fontes presenciais.

Video e fotos da concentración en "Galiza Contrainfos" aquí.

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario