A prensa comercial facíase eco a pasada semana da recepción de dúas cartas bomba en Alemania e Italia. A primeira, que foi desactivada pola policía o pasado mércores en Fráncfort, tiña como destinatario o presidente do Deutsche Bank, Josef Ackermann; mentres que o venres, en Roma, outra misiva trampa estoupáballe nas mans o director xeral de Equitalia (empresa recaudadora de impostos italiana), Marco Cuccagna, quen perdeu un anaco de dedo e resultou mancado nos ollos.
A ambas bombas acompañábaas un comunicado en italiano reivindicando a acción no nome da célula “FREE EAT E BILLY” da Federación Anarquista Informal /Frente Revolucionario Internacional. A nota atopada en Fráncfort comezaba cunha lembranza ó preso anarquista galego encarcelado en Alemania Gabriel Pombo da Silva. No comunicado mencionábase o envío de tres artefactos explosivos, polo que é probable que aínda falte un por chegar.
Por outra banda unha célula da FAI de Moscú reivindicou a quema dun coche da policía durante as recentes protestas contra o fraude electoral en Rusia.
Xa sen relación directa coa FAI, en Finlandia atacáronse dúas comisarías de policía; en Ravenna (Italia) atacaron por medio do lume unha sucursal do banco Unicredit; O Frente de Liberación da Terra de México atentou con bombas caseiras contra a comisión federal de electricidade e unha carta bomba mancou a un docente da Universidad Politécnica de Hidalgo; en Uruguay lanzan cocteles molotov contra un Banco Santander; en EEUU sabotean os ferrocarrís de Washington e en Chile a “Manada Insurrecta Antisocial Amigxs de La Pólvora” reivindica a bomba contra a fiscalía local de La Florida e o “Grupo de Combate Manuel Gutiérrez” a que colocaron diante do Banco BCI.
A información desta última parte da nova tírámoola de diversas entradas de “Afilando Nuestras Vidas”, “Cúlmine” e “Viva la Anarquía”.
12 dic 2011
Últimos atentados da Federación Anarquista Informal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A policia Francesa informou onte da desactivación doutra carta bomba segundo recolle a prensa comercial. Viña de Italia e tiña como destinatario ó embaixador Grego en Paris. Probablemente a terceira bomba da que falaba o comunicado da FAI/FRI.
ResponderEliminarPersoalmente e ainda que sei que non é cousa miña/nosa xulgar as súas accións posto que estas teñen lugar nun clima de revolta bastante máis complicado que o que nós acadamos polo momento, considero que accións coma as que últimamente están tendo lugar en México materializadas en envío de paquetes-bomba a profesores de universidade son absurdas no sentido de que non aportan nada (de feito, adoitan vir acompañadas de escritos nos que, en tono pexorativo, se califica de "esquerdistas" ou "cús de asamblea" e outros apelativos ás persoas que cren na futura implicación das masas na loita e traballan día a día por acadala ou facilitala) e que ademáis parece que só serven para dar carnaza ós mass-merda para criminalizar.
ResponderEliminarNon serei eu quen bote pestes dos compañeiros mexicanos pero creo que o lume podería ser dirixido dun xeito un pouquiño mais consciente e eficaz do que últimamente se está vendo.
Saúde.
pois ponte a dirixir ti con consciencia ese lume que critícas.
ResponderEliminarGustariame saber o que, segundo ti, aportan os ataques da ITS á revolta, ademáis de excusas para que nos criminalicen nos falsi-medios (que o farán igualmente ninguén o nega pero se ainda por enriba lles das motivos, entón imos de carallo...) e esas masas que dende centros sociais, grupos de afinidade e outras loitas similares algúns/has tratamos de espertar do seu puto soño social.
ResponderEliminare afastar* a esas masas que dende centros sociais, grupos de afinidade e outras loitas similares algúns/has tratamos de espertar do seu puto soño social, quería dicir. Cominme unha palabriña.
ResponderEliminarou eres un friki ou un madero, vai a debatir sobre estes temas onde hai que debatir...
ResponderEliminar