Recebemos no noso correio esta crónica asinada por Individualidades Contrainformativas:Algo mais dun centear de persoas manifestáronse o pasado 16 de Decembro polas rúas do casco histórico compostelano. A manifestación, en contra do desaloxo da Sala Iago e as políticas represivas do goberno municipal, partiu dende a Porta do Camiño cara as rúas da "zona vella" a berros de "Desaloxos son disturbios" ou "A rúa e nosa e non de Conde Roa".
Un potente continxente de antidisturbios (arredor de 40) cercou a manifestación dende o seu comezo. Despois do paso dos manifestantes pola Praza de Cervantes e a rúa do Preguntoiro, o percorrido foi interronpido polos antidisturbios, desviándose a manifestación cara a rúa da Conga(situada nunha costa, valeira e encaixonada). Unha a vez alí o comportamento da policía tornouse mais provocador, chegando a apartar a dúas persoas coa intención de agredirlles, pero sen conseguilo. Posteriormente realizaron un amago de carga que dividiu a manifestación en dous, desprazando a un grupo dunhas 20 persoas cara a rúa do Preguntoiro, mentres tanto o resto dos manifestantes eran identificados mentres ficaban totalmente cercados por un cordón policial.Nesa mesma noite, horas mais tarde, grupos de solidarios deron resposta as agresións policiais con distúrbios en diferentes puntos da cidade.Nas rúas do Horreo e Doutor Teixeiro queimaron contentores e e atacaron os vidros de sucursais bancárias e en Vista Alegre, outro grupo unha hora mais tarde, incendiou outro contentor de lixo, cortando o tráfico durante média hora.A reacción por parte dos "falsimedios" non se fixo esperar e o xornal "La Voz de Galicia" nun intento de intoxicación informativa apresentou as intervencións policiais e identificacións como posteriores aos distúrbios, invertindo completamente os tempos, e a relación de causalidade, procurando abonar o terreo para a represión dos indentificados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Compartilho o expressado em quanto ao da manipulaçom mediática que criminaliza a quem foi identificada no transcurso da manifa com os sucessos acaecidos a posteriori de tais identificaçons.
ResponderEliminarO triste é que vivemos numha sociedade injusta, onde as leis permitem tais aberraçons de culpabilizar e penalizar por uns actos que nom cometes. Assim tem passado e seguirá passando em esta dictadura económica onde quem é identificada antes de se cometer nengumha falta ou delito pode carregar com a culpa dos actos doutras pessoas cometidos a posteriori.
Os e as lacaias jornalísticas som gente sem escrupulos que trabalham por dinheiro e que se oferecem a ser simples vozeiros da polícia, dos juízes e dos políticos que nos governam, e das multinacionais para as que trabalham.
Já nom há ética jornalística nos falsimedios. Só capitalistas interesadas e lacaias dispostas a ser servis para manipular, tergiversar e criminalizar qualquer tipo de luita contra este injusto sistema mercantilista.
Os actores Nathalie Poza, Luis Bermejo e Willy Toledo apoian a toma da Sala Iago:
ResponderEliminarhttp://prod.galiza.indymedia.org/gz/2011/12/27350.shtml