Os presentamos a programación das vindeiras xornadas contra as cadeas que, baixo o título "PECHAD@S EN DEMOCRACIA", realizaranse entre o 26 e 27 de Novembro no centro social "A Zalenvá" de Ourense. Esta info chegounos ó correo:
XORNADAS ANTICARCERLARIAS
PECHAD@S EN DEMOCRACIA
En solidariedade coa campaña contra a tortura e os malos tratos en prisión*
26 e 27 de Novembro de 2011
Sábado 26 de novembro
10:00-11:00: Benvida cun almorzó vegano e presentación das xornadas
11:00-12:30: Unha reflexión sobre a realidade das mulleres presas no Estado (intervén a avogada Victoria E. Dieguez)
12:30-14:30: A represión dos movementos sociais: a propósito da liberación animal (intervén A. Rey da A. C. A Zalenvá e Rapha V. ex-recluso)
14:30: Xantar vegano
16:30-18:00: A verdade sobre os Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE): cárceres para inmigrantes (intervén Belén Torrón da Asociación Médicos del Mundo)
18:00-19:00: O cárcere dentro do cárcere: o réxime FIES (coa intervención de avogados da Asociación PreSOS)
19:00-20:30: Relato dunha experiencia no cárcere (intervención dun ex-recluso)
20:30: Petiscos veganos maila actuación do cantautor Bitxo Bola
Domingo 27 de novembro
11:00-12:30: Presentación da actual CAMPAÑA CONTRA A TORTURA E OS MALOS TRATOS EN PRISIÓN, levada a cabo por presxs de todo o Estado (intervén Gema, do Grupo de Apoio á Campaña en Compostela)
12:30-14:00: Os Centros de Menores tamén son cárceres (intervén Fernando B. do Observatorio para a Defensa dos Dereitos e libertades. EsCULcA)
14:00: Xantar vegano
16:30-20:00: Intervencións e reflexións de nais de presxs
* A aportación dxs asistentes polos almorzos e xantares destinarase ó financiamento das diferentes accións de difusión que se están a levar a cabo en apoio á Campaña contra a tortura e os malos tratos na prisión
ORGANIZA:
Asociación Cultural A Zalenvá
COLABORAN:
Kolectivo Trapo Negro
Asociación Médicos del Mundo
Asociación PreSOS
EsCULcA
As Xornadas terán lugar no local da Asociación A Zalenvá
(Rúa dos Carrís, nº6 – A Valenzá. Barbadás. Ourense)
Agradecemos difusión
e ás/ós que vos animedes: vémonos esta finde!
Saúde e pracer para todxs!
21 nov 2011
XORNADAS ANTICARCERLARIAS (Ourense)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario