30 nov 2011

Queren construir un centro de experimentación animal en Lugo

Necesitarase un investimento de 3,4 millóns de euros para a creación na cidade de Lugo de un centro de experimentación con animais. O 70% do orzamento virá do estado e o 30% restante do patronato da Fundación Rof Codina, ou sexa que na práctica todo o diñeiro sairá de fondos públicos, pois este patronato o compoñen a Xunta, o concello e a diputación, así que tódolos cartos para construir tamaña aberración sairá do peto dos cidadáns.
O centro de experimentación con animais dependerá da universidade de Santiago de Compostela, que é quen xestiona o campus de Lugo, e forma parte do Plan Impulsa Lugo da Xunta de Galicia, quen firmou un convenio coa Consellería de Educación e o Ministerio de Ciencia.
Situarase nunhas naves que o hospital Rof Codina de Lugo destina actualmente a gando, mentres que as vacas e cabalos que actualmente ocupan o lugar trasladaranse a instalacións do matadoiro da cidade.
A USC xa ten actualmente animais destinados a experimentación, por exemplo no animalario da facultade de bioloxía na cidade de Compostela. En psicoloxia e medicina tamén utilizan animais con fins docentes.
Varias organizacións animalistas xa expresaron a súa disconformidade con tan luctuosa nova e anuncian campañas para tentar impedir a construcción do centro.

Nova elaborada a través de informacións da prensa comercial, por exemplo (aquí).
Podedes atopar un modelo de carta de protesta e moitas direccións de correos electrónicos e teléfonos de xente e institucións relacionados coa construcción do centro neste enlace a SHAC (Stop Huntingdon Animal Cruelty) España (aquí).

3 comentarios:

  1. Na facultade de bioloxía asesínase a diario. As víctimas son, mayoritariamente, ratos e troitas.É típica a práctica de extracción de hígado e de intestino.
    Ademais do que moita xente pensa (normal posto que nos atrofian o cerebro) nin tan sequera é para testar productos inútiles en vidas axenas lexítimas, senón prácticas que se repiten ano trás ano, sen ningún tipo de sentido a parte de satisfacer o instinto sádico de xente totalmente insensibilizada e bastante ignorante.
    Tamén a facultade de mediciña experimenta con primates...

    STOP VIVISECCIÓN----> go vegan

    ResponderEliminar
  2. ,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,2 de diciembre de 2011, 1:53

    que sigan soñando si se creen que abrirán esa mierda.

    asesinxs.



    liberacion animal pero ya.

    ResponderEliminar
  3. Algo haberá que facer. Catacrash!!!! Desfeita nas obras e acabouse o problema.

    Asasinxs...

    ResponderEliminar