8 ago 2011

Londres está ardendo


Disturbios en diferentes barrios de Londres nas pasadas noites, cun saldo de máis de cen detidos, segundo a Scotland Yard, estánse a propagar en cada vez máis barrios.

A noite do 6 de agosto, despois dunha protesta de 150 persoas fronte á comisaría contra o tiroteo policial do pasado xoves 4 do que resultou morto Mark Duggan, de 29 anos, o barrio de Tottenham derivou en violentos disturbios durante toda a madrugada, con destrozos en vehículos e saqueos en diferentes comercios, como resposta á violencia policial.

Durante as noites consecutivas os altercados fóronse a extender por outros barrios de Londres: polo norte (Einfield e Islington), sur (Brixton)e este (Waltham Forest).
En Brixton, remataba o Spalsh Festival, cunha forte presencia policial, e máis de 200 persoas rebeláronse contra os policías, lazándolles pedras e botellas contra a liña policial.

Tras varias noites de disturbios, a Scotland Yard confirma que houbo máis de cen detencións.

Informaremos máis.

[información extraída de www.london.indymedia.org e diferentes medios burgueses]

1 comentario:

  1. Hm, coido que alén do que se dixera nos mass-merda o asasinato de Mark non tivo lugar en circunstancias que se poidan calificar de tiroteo.

    Non estiven alí para corroboralo polo que tampouco quero encher a boca con especulacións absurdas pero de todos xeitos, un tiroteo é cando as balas veñen por ambos lados e neste caso, penso que non foi así.

    SAÚDOS! :)

    ResponderEliminar