8 ago 2011

Gabriel Pombo da Silva - Non hai nada que reformar


Seguimos a difundir textos do compañeiro Gabriel Pombo da Silva, secuestrado actualmente en Aachen (Alemania). Este último do pasado mes de xullo publicado en culmine


Gabriel Pombo da Silva - Non hai nada que reformar

Non son tan inxenuo como para crer que isto que estou a vivir aqui sexa excepcional... e posto que "os presos" non naceron aqui senon que proveñen dun contexto social moi concreto non busco aos responsables directo "só" entre os carcereiros asalariados e a administración carceraria que, en suma, reproducen a microescala a política e os desvalores do Sistema e a sua "Suciedade"... Non hai nada que reformar; todo debe ser demolido ata os cimentos...

erran quenes cren (ou imaxinan) que a miña radicalidade proven da indixestión de "utopías" e "teorías" varias... pois á fin e ao cabo a "miña radicalidade" débolla ao Sistema e á sua miserable Sociedade... é dicer que se alguén quere buscar aos responsables "teóricos" da miña radicalidade xa poden comezar nos despachos de Institucións Penitenciarias e deixar tranquilos aos poetas da dinamita...

(...)

A min nunca me deixaron indiferente os mendigos que enchen as metrópolis, os que embrutecidos por toda unha vida de escravitude asalariada rematan os seus dias refuxiados nos ocios programados, o alcohol e/ou as drogas... ou quenes para sobrevivir venden os seus corpor para satisfacer o pracer de quenes poden mercar corpor como se foran mercadorías... mais non foi toda esa lexión de miserables e explotadxs os que me insuflaron a forza, inspiración e dignidade precisas para combater o sistema que xenera todo isto... diso encargáronse os meus irmás de loita: uns foron "bandidos" e outros foron revolucionarios... esa é a diferencia fundamental entre a maioría dos "anarquistas" i eu... eu non preciso de "excusas" e "suxeitos" revolucionarios para enfrentarme co Sistema... eu odio ao Sistema porque o mesmo ensinoume a odialo... e neste camiño de guerra frontal contra o Sistema vou aprendendo quenes son os meus cómplices e quenes meus inimigos máis alá de "ismos" e "conceptualizacións"...

aachen, xullo 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario