9 jul 2011

Por novos foros de coordinación libertaria

As cousas estan mudando. Para ben ou para mal é incuestionable que son tempos de cambio, que a situación socioeconómica tal e como a coñecíamos ata o de agora estase a transformar noutra cousa, unha nova volta de torca do capitalismo que comprime inda máis a nosa existencia.
Da igual se a crise é o resultado dun sistema financieiro que indefectiblemente acarrea cíclicos colapsos ou si é unha estrataxema dos poderosos pra forrarse a costa nosa, ou pra implementar sistemas políticos inda máis autoritarios; o caso é que o mundo tal e como o coñecemos muda cara a explotación, o totalitarismo e a desintegración das escasas garantías sociais que arrincáramos ó poder en tempos máis combativos.
¿E nós que? Si nós, os anarquistas, eses que vanagloriámonos de pretender a destrucción do estado e a súa sustitución por un modelo máis armónico e horizontal de relacións libres e desxerarquizadas ¿que estamos a facer ante a precipitación dos acontecementos e ante a escalada das agresións sociais do estado e do capital?¿o de sempre quizáis?¿xulgar con prepotencia os acontecementos dende a nosa inmaculada torre de autoreferencialidade? ¿agardar a que as masas descontentas entren pola porta das nosas organizacións ou centros sociais (tanto formais coma informais, caralladas semánticas que a duras penas entendemos nós e que ós demais lles dan a risa) a pedirnos a receta da salvación?. ¿ou quizáis, preferindo o “cualitativo” ó “cuantitativo”, prefiramos facer catro gamberradas (que palidecen ante as perdas económicas ocasionadas polo “botellón”) na seguridade de que iso fará decantarse polo anarquismo ó común dos mortais?
A sociedade esta a formar unha sorte de oposición ó cambio de modelo, quizáis sexa branda, inocua, corta de miras ou incluso controlada polo poder pra desactivar a súa radicalidade, pero o caso é que a xente empeza a sair ás rúas. Pode que polo de agora non consigan nada do estado, pero dende logo xa conseguiron deixar de manifesto a nosa autoreferencialidade, inoperancia e completa incapacidade pra influir nos estoupidos sociais. Se non o vedes así fixádevos en Grecia, alí a influencia dos anarquistas nos actuáis acontecementos é evidente, e non só pra os que len as páxinas “contrainformativas” de internet (que tanto dano fan á nosa percepción do real e do figurado), senón para o cidadán de a pé, tanto alí coma aquí sábese da loita anarquista grega.
¿Qué suxiro? Pois que os anarquistas deberíamos traballar, senón xuntos, na mesma dirección; independentemente de se estamos ou non dacordo nos nosos posicionamentos individuais ou colectivos. Non se trata de levarnos todos ben, nin moito menos (nunha hipotética sociedade anarquista haberá que atopar a forma de coordinarse coa xente coa que nos levamos mal, de iso trata o anarquismo -e calquera forma de relación social- pois non sempre vainos caer ben o veciño do lado, o compañeiro do curro ou os do pobo darriba) senón de ser capaces de pelexar xuntos polo que creemos, incluso aínda que teñamos posicións encontradas.
Tanto pra conseguir organizar as masas traballadoras cara a unha organización asamblearia, como para levalas a unha insurrección, o camiño pasa por ter a capacidade de influir nelas, e iso, nas actuáis circunstancias de desmovilización na que nos atopamos os anarquistas, pasa por dirixir esforzos comúns cara a visibilización da existencia dunha alternativa libertaria (chea de matices e visións distintas).
Non falo de crear novas organizacións, nen de elaborar programas comúns, nen de homoxeneizar as distintas correntes do anarquismo, senón de crear foros pra a acción e o debate que permitan a nosa participación conxunta nas importantes protestas sociais e estoupidos de descontento que no sucesivo é seguro que virán, así como da creación de novos focos de acción que o conxunto do amplio espectro anarquista lle veñan ben pra radicalizar ás xentes e ás loitas. Iso si, sen misturarse, cada un dende as súas posturas, dende a súa ideoloxia e levándose mal co resto se o considera oportuno.
Penso que as diferencias entre distintas formas de entender o anarquismo non fan senon enriquecer unha ideoloxía que de ser única e monolítica sería un fraude. É certo que diferimos en moitas das nosas propostas e que algunhas delas poden parecer (o incluso ser) irreconciliables entre si. Pero aquí non se trata tanto de achegar posturas coma de xerar a capacidade de enfrontar a represión, ou mesmo os envites do capitalismo, dun xeito común como anarquistas, aínda que diverso e plural en cuanto a plantexamentos e tácticas.
Se somos capaces de ir as folgas xerais prantexadas polo sindicalismo oficial, ou as manifestacións convocadas por calquera plataforma reformista, todo o críticamente que queiramos, máis ir o fin e o cabo ¿Cómo é que non somos capaces de montar bloques anarquistas nelas nos que participemos todo-los libertarios? ¿Cómo é, incluso, que non sexamos capaces de montar nós as nosas propias manifestacións específicamente anarquistas, aínda que vaiamos a elas de forma crítica?¿ou que podamos debatir nunha asamblea ácrata e aberta as formas de enfrontar tal o cual situación que nos afecte a todos?
As diferencias entre nós están aí e non se trata de obvialas, pero do mesmo xeito que a nosa pluralidade de ideas e de métodos de loita é unha das nosas maiores potenencialidades contra o sistema, o feito de non seres capaces de coordinalas contra un inimigo común é a mellor arma que o poder utiliza na nosa contra.
O momento histórico no que vivimos precisa da nosa eficacia á hora de extender as prácticas e as ideas libertarias, non a salvaguarda da pureza dos ideales, o sectarismo e a autoreferencialidade.
A capacidade de influir nas loitas que, nos guste ou non, bótansenos enriba, depende da nosa disposición a romper o illamento voluntario no que nos atopamos. Fagamos do anarquismo unha ameaza.

C. Ribas

Este artigo só é unha reflexión persoal destinada a continuar o debate.

6 comentarios:

  1. Aqui un administrador, decidin borrar tódo-los comentarios, porque o debate estaba a tomar un cariz pouco constructivo.
    E mellor resetear e comezar dende o respeto

    ResponderEliminar
  2. pues vaya mierda no? ke borreis todas las opiniones?????? joder...

    ResponderEliminar
  3. aprendamos todos del pasado y ya es hora de empezar a caminar todos juntos nuestras divisiones nos devilitan y el enemigo cada vez es mas poderoso y nosotros preocupandonos de quien es mas anarquista .Preocupemonos de construir algo solido el pasado a pasado y por el nada hay que hacer

    ResponderEliminar
  4. Non existe a opción de borrar uns comentarios e outros non. Non queremos chegar a isto, pero dende logo que ás veces os debates tórnanse pouco ou nada construtivos, ata o punto das malinterpretacións e, con elas, a falta de respeto.
    Tampouco hai que buscar as comidillas dos batiburrillos...

    ResponderEliminar
  5. oé oeeeé, oé oaaaá....

    ResponderEliminar
  6. deijai de dicir tonterias

    ResponderEliminar