26 jul 2011

IV Encontro do Libro Anarquista Salamanca 12,13, 14 e 15 de Agosto 2011


Continúa o Encontro do libro Anarquista de Salamanca, con esta cuarta edición pretendemos construir un espazo de acción e teoría que pouco a pouco se consolide dentro da rede anual de ferias de libros que se organizan na península ibérica.

Invitámosvos a participar nesta cuarta edición desta feria e que vos pasedes uns días por Salamanca.


Este é o cuarto ano que organizamos o encontro do libro anarquista en Salamanca, coas ganas de seguir apoiando ás Distribuidoras alternativas que axudan a poñer en contacto a grupos e persoas dispersas que precisamos da comunicación cxs outrxs para poñer en común as nosas reflexións, accións, creacións, intercambio de material...

Entendemos a distribución anticomercial como unha ferramenta necesaria para difundir un ideal, para crear conciencia, debate, transformación social, de maneira autoxestionada, sen os condicionantes estéticos e ideolóxicos que impon o mercado comercial, creando nos mesmxs un espazo propio, libre da lóxica do mercado.
Non nos move o beneficio, nen o éxito, nen a competencia, e co noso traballo apoiamos as luitas socias que poñen en cuestión a orden dominante.

Pretendemos unha cultura de facer as cousas cos teus propios medios e deixando os costes dos materiais o máis asequible posible.

Información recibida en abordaxe@gmail.com

Máis información da feira en encuentrosalamanca.blogspot.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario