Dende fai algún tiempo, Triodos Bank preséntase ante os consumidores como unha alternativa financeira “ética” e responsable, que destina os seus fondos a proxectos sostibles e respetuosos.(...) Este banco financia á Fundación Internacional O´Belén, a entidade que máis denuncias por maltrato infantil acumula en España, na que baixo custodia quitáronse a vida polo menos tres rapazxs entre 2007 e 2011. A cambio, O´Belén manten un depósito en Triodos Bank de 441.320 euros e probablemente tamén varios activos inmobiliarios.
Fonte: http://boicotatriodosbank.blogspot.com/
A Fundación O´Belén é unha organización supostamente “sen ánimo de lucro” creada a finais dos 90 por un grupo de políticos e empresarios que pretendían aproveitar a privatización dos servizos sociais que comezaban naquel intre.
Podes ler a historia deste entramado aquí. As prácticas inhumanas e degradantes que se empregan nos centros de menores de O´Belén saltaron á luz pública en numerosas ocasións, en especial a raíz dun informe presentado no Defensor do Pobo no ano 2009 no que se calificaban algunhas das celas de castigo empregadas cos cativos como “medievais” e poñíanse sobre a mesa actos de violencia física, medicación forzosa e incluso novos intentos de suicidio que se sumaban ás mortes xa coñecidas. Posteriormente, Amnistía Internacional facía público o informe “Si vuelvo, me mato” no que se documentaban testimonios de maltrato infantil e violacións dos dereitos humanos cometidas tamén en centros do entramado O´Belén.
A raíz de todas estas informacións, varias comunidades autónomas cancelaron os seus contratos con O´Belén, que tivo que fechar tres dos seus centros, perdeu un terreno que se lle ía ceder na rexión de Murcia e deixou de recibir apoio económico de IberCaja. Sen embargo, a entidade continúa a funcionar porque os novos políticos lle adxudican contratos e entidades financeiras con menos escrúpulos que IberCaja lle presta apoio.
Si es cliente de Triodos, pedímosche que non formes parte deses apoios.
A entidade financeira insiste en manter a financiación a O´Belén. Este feito pon enriba da mesa que Triodos Bank non respeta os seus propios criterios de exclusión, posto que O´Belén ao empregar celas de illamento cxs rapazxs tuteladxs incumpre a resolución 45/113 das Nacións Unidas.
A actitude de Triodos Bank parecía incomprensible ata que, a través dun informe publicado pola Fundación Lealtad descubrimos que O´Belén manten unha intensa actividade económica en Triodos Bank, entre a que se inclue un depósito de 441.320 euros e probablemente varios activos inmobiliarios. Podes velo neste enlace. Queda ao descuberto que Triodos non é un banco ético coa infancia, senon que busca o beneficio económico a costa dunha publicidade enganosa dirixida especialmente a quenes cren nun mundo mellor.
Se queres coñecer un pouco mellor a situación económica de O´Belén, recomendámosche este artículo de Intervíu no que se explica, entre outras cousas que a "ONG" manexa un presuposto anual de 12 millóns de euros.
Co teu apoio conseguiremos que Triodos deixe de financiar o maltrato. ¡Súmate ao boicot!
Se queres axudar, podes:
- Retirar o diñeiro das suas contas.
- Re-enviar a información ou investigar por tí mesmo/a e difundir novos casos de financiación a entramados corruptos ou entidades que violan os dereitos humanos..
- Poñer reclamacións por publicidade enganosa nas suas oficinas.
- Organizar actos de protesta.
- Cualquera outra forma de apoiar a campaña que se che ocurra.
- Enviar correos electrónicos de repulsa ou chamar a informarte. Aqui podes acceder á dirección das sucursais de Triodos Bank no estado español.
Campaña de Boicot a Triodos Bank. Colectivo Madrileño contra o Maltrato Institucional.
[extraida de http://centrosdemenores.com/?Campana-de-boicot-a-Triodos-Bank]
26 jul 2011
Campaña de boicot a Triodos Bank: "Un banco nada ético coa infancia"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
"Dende fai algún tiempo..."
ResponderEliminaros enlaces non enlazan
ResponderEliminarNon enlaza o artigo de interviú. Sinto...
ResponderEliminar?¿¿?...
ResponderEliminarNon, refirome aos enlaces dos webs que tendes na coluna dereita. saude
ResponderEliminaro unico enlace novo que funciona é o de Gilbert
ResponderEliminarxa, e que as obras neste blog son como as do escorial.
ResponderEliminar