26 jun 2011

Na cadea tres dos animalistas encausados en Compostela por ceibar visóns

Tres dos detidos pola súa suposta participación en accións da Frente de Liberación Animal ingresaron no cárcere de Teixeiro entre onte e antonte, outros 7 ficaron en liberdade con cargos e un máis, que presentouse voluntariamente nos xulgados de Santiago ó saber da orde de detención na súa contra, aínda agarda prestar declaración.
Os encarcelados serían os galegos Olaia Freiría e Eladio Ferreiro e o vasco Eneko Pérez, todos relacionados coa asociación "Equanimal", aínda que o último non militaría na mesma a día de hoxe. Non trascenderon as razóns polas que o xuíz Vázquez Taín, instructor do caso, decretou prisión pra tres dos imputados mentres que o resto fica en liberdade baixo medidas cautelares coma a de firmar nos xulgados cada 15 días.
Polo menos un dos encarcelados, Olaia Freiría, atoparíase en folga de fame.
Ós 12 imputados acúsanos da liberación de 20.000 visóns da granxa Bermudez de Santiago de Compostela no ano 2007 aínda que eles decláranse inocentes e afirman que o seu activismo é transparente.
Último comunicado das asociacións Equanimal e Igualdad animal ás que pertencen os detidos (en castelán):

Entre ayer y hoy el juzgado de instrucción número 2 de Santiago de Compostela ha puesto en libertad con cargos a ocho de los once detenidos, y dictado prisión provisional para tres activistas.
El único activista que no fue detenido se ha ofrecido hoy a ponerse a disposición de la justicia siendo citado para declarar en calidad de acusado el próximo lunes.

Somos organizaciones legalmente constituidas, con amplia trayectoria en el movimiento por los derechos animales y cada vez con un mayor reconocimiento y apoyo social a nuestro trabajo. No realizamos el tipo de activismo por el que se nos trata de inculpar. Si algo caracteriza nuestro activismo, es el carácter pacífico y la transparencia de nuestras actividades, ya que todo lo que hacemos acaba siendo de dominio público.

No tenemos nada que ocultar, y una muestra de que esto es así, son las distintas ocasiones en las que invitamos a los medios de comunicación a acompañarnos a realizar estas investigaciones y resto de actividades, como saltos a plazas de toros o irrupciones en desfiles peleteros.
Ante todo lo expuesto, solicitamos la puesta en libertad de todos los detenidos, ya que son inocentes de todos los cargos que se les imputan.


A info sacámola da prensa comercial así como do seguinte enlace (-aquí) no que atoparás o seguimento da nova así como información pra contactar cos detidos ou para solidarizarte económicamente con eles.
Estas son as páxinas de Equanimal (-aquí) e Igualdad animal (-aquí)

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario