A deflagración na madrugada do luns dun artefacto explosivo causou importantes danos na sede do Partido Popular de Ordes. Tanto os medios empresariais coma os medios alternativos atribúen a acción ó grupo independentista Resistência Galega, aínda que, que nos saibamos, polo de agora non terían reivindicado o atentado.
Pese ó considerable dispositivo policial, que incluíu varios controis nas autoestradas galegas, o despregue non acadou resultados.
O artefacto empregado contra a sede popular, que xa fora atacada con cocteles molotov no 2005, comporíase dunha carga de polvora dentro dun recipiente metálico e activaríase mediante un detonador, circunstancia ista que, nun primeiro momento, fixo pensar ás forzas de seguridade que tratábase dun explosivo industrial. Istas son as características do atentado filtradas polos medios de comunicación comerciais, que considéranno o décimo ataque a unha sede política galega en pouco máis dun ano.
A nova no portal “Galizalivre”: -aquí e -aquí
14 jun 2011
Bomba contra a sede do P.P. en Ordes
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario