Panfleto encontrado nas rúas da Coruña...
15M (O cortafogos)
Este panfleto, texto ou como se lle queira chamar, non petende ser unha crítica constructiva nin destructiva sobre os “picos sociais” de masas ós que de vez en cando nos teñen acostumados esta sociedade durminte. Tampouco unha reflexión longa e tendida sobre a maneira eficaz que habería que utilizar para forzar un cambio social, económico e político e, nin moito menos a historia autobiográfica dun movimento tan histórico coma efimero. E, aínda que puidera parecer tampouco pretende facer apoloxía do insurreccionalismo máis explícito, se non, tan só, unha advertencia clara e directa a aquilo camado “poder”. Ó Estado e as súas institucións, ás corporacións macroeconómicas, á clase política, ás forzas e corpos de seguridade, e a todo aquel que teña feito da súa vida e a dos demáis un signo autoritario de convivencia.
Advertir:
Que moitos non nos cremos esta farsa.
Que moitos levamos tempo pelexando, máis que levaremos.
Que nin nos conformamos con unhas medidas reformistas que nada novo trouxeron ás nosas vidas, nin aceptamos o “borreguismo” por ideoloxía.
Queremos adertirvos que non vos saíu ben a xogada, que non vos frotedes as mans pensando que por estas expresións ciudadanas se canaliza a nosa raiba.
Que non vos relaxedes, porque cando esta efusividade se dilúa no tempo, ahí estaremos nós axexando, coma esivemos sempre.
Tremede, temede, correde, isto é imparable.
Temos claro o camiño, o modo e a forma. Se acaso pensades que nós tamén nos diluiremos no tempo, que pouco nos coñecedes..
Teredes gañado esta batalla, tedes potentes armas: a manipulación, a desinformación, o condicionamento social... exprimides as palabras ata vacialas de significado: “liberdade”, “xustiza”, “violencia”...
¿Que sigifica ser libre? ¿que é ser xusto? ¿quen exerce a violencia?
Queremos dicirvos que con nós non poderedes.
Por moitos cortalumes que poñades somos o gran incendio que cercará as vosas cidades, a mecha xa consumida que fará saltar todo polos aires. Somxs todxs e cada un dxs que ignorades, somos aquelxs que pisoteades, reprimides, ós que matades. Temede, tremede, correde, pois quen sembra medo, recolle tempestades.
“Nin preciso nin desexo a vosa disciplina. En canto ás miñas experiencias, quero facelas eu mesmo. É delas e non de vós de onde sacarei a miña regla de conduta. Quero vivir a miña vida. Inspíranme horror xs esclavs e os lacaios. Detesto a quen domina e a quen se deixa dominar (..).
Amo o perigo, e sedúceme o incerto. Desexo a aventura e impórtame un corno o éxito.
Odio a vosa sociedade de funcionarios e administradores, millonarios e mendigs. Non quero adaptame ós vosos costumes hipócritas nin ás vosas falsas cortesías.
Quero vivir os meus entusiasmos en medio do aire puro da lberdade (..)
Sigo o meu camiño, o temor dos meus caprichos, transformándome sin cesar. Deambulo e non me deixo esquilmar pola tesoura dun comentador cínico. Son amoral. Son unha mulr que vibra ante os impulsos da natueza e as palabras amorosas. Odio toda cadea e toda traba, encántame pasear desnuda deixando acariciar as miñas carnes polos raios de sol voluptuoso.
E ¡oh, ancián! Impórtame moi pouco que a vosa sociedade se rompa en mil pedazos con tal de que eu poida vivir a miña vida.
E quen eres ti,rapaciña suxestiva coma o miserio e salvaxe como o instinto?
Son a anarquía”
Extraído de “Realismo e idealismo misturados” de Émile Armand. Ed. Librería Internaconal, París 1926
17 jun 2011
15m (Cortafogos)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario