Panfletiño antiautoritario que rula por aí, moi ó caso con tanto reformista indignao (pero moderadamente) con gusto polos desfiles:
Reformar o irreformable? Preferimos luitar..
Hoxe en dia vivimos no pior dos mundos posibles: a destrucción do planeta é inminente, grazas a nosa “seguridade” a liberdade parece un mal chiste, os cárceres énchense de pobres cada dia mais, os dereitos alcanzados polas luitas obreiras durante dous séculos son usurpados en apenas un día, a ilusión e o espectáculo publicitario corroen as nosas mentes, as multinacionais depredan os recursos do planeta alimentándose de carne humana,a democracia e a xustiza sérvelles para encherse a boca mentres comen, e mentres nós.. que facemos?
Existe a posibilidade de retomar o control das nosas vidas mediante os cauces que nos ofrecen xs que nola arrebataron hai xa tempo?Non será que pedíndolle moderación ao capitalismo para que torne o seu rostro máis “humano e sustentable”... estámolo fortalecendo,lexitimando a súa existencia sempre que se comporte de xeito democrático?
Nós asumimos que o capitalismo nos declarou a guerra hai xa tempo,reducíndonos a ser máis nada que productores-consumidores,subordinándonos ao reino da mercancía, e polo tanto nada temos que negociar con él,nin cos seus intermediarixs. A nosa posición é inamovible: Non nos conformaremos con reformas democráticas ofrecidas dende arriba,pois estamos convencidxs de que éstas só chegan cando é necesario comprar a paz social que lles permita seguir funcionando a pleno rendemento.Non confiaremos en partidos,sindicatos ou ong´s que prostitúan o noso descontento,pois para nós xa esta claro: delegar o conflicto é a nosa primeira gran derrota.
Non queremos que ninguén poida sacar rédito cada vez que saímos á rúa, ou que calquer organización poida facer súas as nosas propostas.... a irrecuperabilidade dos nosos actos ten que ser un sinal de identidade propio, de todo aquel que sinta que indignarse non é suficiente, se non que é preciso respostar ás agresións impostas pola maquinaria do Estado-capital.
Cremos que hai que superar as reivindicacións parciais: non haberá lei eleitoral que nos devolva o poder de decisión, non haberá dereitos laborais que nos devolvan a dignidade (dignxs escravxs?), non haberá sustentabilidade nin progreso que salven o noso planeta, non existirán relacións virtuais que sustitúan ás personais...
Entón.. cal é a receita anarquista? A destrucción do estado e do capitalismo, a autoorganización dos explotadxs mediante asembleas, a acción directa difusa e incontrolable, a ocupación de espazos baleiros, a edición dos nosos propios medios de información, o enfrontamento coas forzas da(súa)orde,a expropiación das súas mercadorías.. en fin, todo aquilo que está nas nosas mans facer para que caian dunha vez por todas.
A GUERRA SOCIAL É INEVITABLE!
Uns antiautoritarixs chamando á revolta...
13 may 2011
Reformar o irreformable? Preferimos luitar..
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Lume!
ResponderEliminar