2 may 2011

Catro detidos por boicotear a manifestación do 1º de Maio de CCOO e UGT en A Coruña

Os antidisturbios detiveron a catro activistas que coreaban consignas contra os sindicatos oficiais durante o acto do primeiro de maio de CCOO e UGT en A Coruña. Ós detidos, que pasaron seis horas entre as comisarías de Lonzas e Mendez Nuñez, impútanlles un delito por "impedir o lexítimo exercicio da liberdade de manifestación", pese a que en ningún momento estiveron a menos de dez metros da protesta dos sindicatos amarelos.
Pouco antes de que se produxeran estes feitos, outro grupo de encapuchados penduraron unha faixa nunha ponte, co lema "Sindicatos vendidos lacaios do poder", mentres prendían unha bengala ó paso da cansina e silenciosa comitiva sindical. Pese ó que dixo a prensa comercial, non detiveron a ningún dos actvistas no transcurso desta acción.
Cando a procesión sindicalera, máis semellante a unha marcha fúnebre que a unha verdadeira protesta, chegou fronte a delegación do goberno, onde remataban o seu litúrxico acto, un grupo dunha ducia de activistas despregou outra faixa que rezaba "Sindicatos traidores. 5.000.000 de parados Que coño estades facendo? Autonomía Obreira" mentres coreaban consignas coma "Delegado sindical parásito social", "Vos, vendidos, firmades os despidos", "Comisiones e UGT sindicatos do poder" ou "Currade, currade ata reventar, corenta anos para se xubilar". Foi nese intre cando as forzas represivas, ó mando do infame Silverio Blanco (xefe de antidisturbios na Coruña que fíxose famoso polas súas cargas indiscriminadas nas protestas antiglobalización de Barcelona, no desaloxo ilegal da "casa da Muntanya" ou, xa de volta en Galiza, na represión salvaxe dalgunha das manis do Prestige) mandou rodear ó pequeno grupo de disidentes e ameazounos con levalos a todos detidos se seguían a berrar polo megáfono. A viva voz continuou a protesta, pero Silverio, non contento con silenciar ós activistas, quixo impedir que a xente vise a súa faixa, pra isto mandou coloca-la furgoneta policial diante da mesma; como os manifestantes movéronse para buscar un ángulo dende o que poder seguir coa protesta, Silverio volveu mandar mover a "lecheira". Foi o terceiro movemento dos manifestantes o que provocou as detencións de catro dos alí concentrados.
Pese a que incluso algunha das persoas que se manifestaban cos sindicatos oficiais protestou polo arbitrario e inmotivado das detencións, así coma algún periodista, o noso pertinaz axente da orde non deixouse amilanar na súa heroica defensa da paz social e as "liberdades democráticas", e, en dúas tandas, enviou ós catro detidos á comisaría de Mendez Nuñez, dende a que máis tarde trasladáronos á de Lonzas.
O delito que lles imputan é o de "impedir o lexítimo exercicio das liberdades de reunión ou manifestación" recollido no artigo 514 do código penal, castigado con penas de entre tres meses e tres anos de cárcere. Durante as máis de seis horas que durou a detención o trato ós encausados, polo menos, foi bastante correcto.

Tedes outra crónica do acontecido neste enlace de Galiza Indymedia (aquí) así como na seccion coruñesa de moitos periódicos comerciais galegos (a cada cal máis mentireiro).
Aquí, tamén en GalizaIndymedia, tedes o panfleto da concentración.

















4 comentarios:

  1. http://www.kaosenlared.net/noticia/mas-fotos-manifestacion-alternativa-1-mayo-agentes-provocadores-deteni

    ResponderEliminar
  2. Silverio el fascista El orden reina en La Coruña. El policía fascista Silverio presta sus servicios a todas las fracciones de la burguesía, y en este dia tan señalado, a la fracción que compone los organismos de control y encauzamiento del proletariado, que para su desgracia y para nuestra suerte, ven sus actos reducidos al ridículo, mientras sus filas se vacían y totodo el mundo, hasta el obrero mas fanatico les ve el plumero.. Si mañana es preciso, el policía fascista Silverio matará a Rosa Luxemburgo, a los anarquistas, a los comunistas, a cualquier rebelde,por la paz social social, efectivamente.
    Mi apoyo mas sincero y total a los compañeros que gritaron las verdades. Mi desprecio y mi asco insuperable a los mierdas sindicaleros.

    ResponderEliminar
  3. Esto es una patraña.Seguro de que no estaban siguiendo una manifestación pacifica,algo harían.Lo que tienen que hacer es manifestarse en contra de los verdaderos enemigos,que son este gobierno facha y capitalista.

    ResponderEliminar
  4. Nadie esta de acuerdo con vosotros.Lo que tenéis que hacer es es escuchar a la mayoría,y no hacer lo mismo que hace el gobierno.Sois cuatro gatos,y con ningún argumento y ninguna prueba de todas las chorradas que decís.

    ResponderEliminar