20 mar 2011

Palestras de Manuel Pinteño en Compostela e A Coruña

O vindeiro xoves 24 na Biblioteca Anarquista Ghavilla de Santiago de Compostela (rúa Ponte da Raiña nº8) e o venres 25 no C.S.O Casa das Atochas da Coruña (rúa Atocha Alta nº14), terá lugar a palestra de Manuel Pinteño Sánchez, que pasou 33 anos preso nas cadeas do estado español. Pese a que entrou no cárcere por delitos contra a propiedade, nunca contra as persoas, a súa actitude combativa e libertaria levouno a acumular penas e sancións por motíns e tentativas de fuga (algunhas con éxito).
A cruel vinganza do estado non se debeu só á súa activa participación nas diversas loitas dos presos comúns, senon tamén a que foi un dos reclusos ós que os sevicios secretos ofrecéronlles beneficios penitenciarios a cambio de matar presos de ETA (o que coñeceuse como "GAL carcelario"). A súa negativa motivou que, a pesares de que en 1977 a condena máis grande que tiña era de 6 anos, non saíse ata o 2010,33 anos na cadea (24 en total illamento) só interrumpidos polos 7 meses que estivo en fuga.

As palestra serán:
O xoves 24 na Biblioteca Anarquista Ghavilla de Santiago de Compostela (rúa Ponte da Raiña nº8) ás 20h00.
O venres 25 no C.S.O Casa das Atochas da Coruña (rúa Atocha Alta nº14) ás 19h30, prégase puntualidade xa que despois virá o concerto dos grupos Trazos+ LaDeSiDia+Anden 7 en beneficio da Biblioteca Anarquista Ghavilla de Santiago.

2 comentarios:

  1. Hoje em Compos, depois da palestra, haverá umha riquíssima cea vegana a prezos moi populares ( 3 € mais a vontade ).

    ResponderEliminar
  2. www.feartosleep.blogspot.com
    www.pseepsee.blogspot.com

    ResponderEliminar